Consejos y avisos

Este viernes dia 15 y hasta el dia 8 de enero comienza el periodo navideño en OurensenoTempo y Ovrense. Durante esos días al margen de alguna posible sorpresa, solamente tendréis las publicaciones en el diario La Región (los sábados) y el primer domingo de enero en el suplemento Gente Mayor, así como mi colaboración habitual en el especial Nochebuena.
A TODOS MIS AMIGOS Y LECTORES
FELIZ NAVIDAD

Mail ourensenotempo@hotmail.com

4/9/12

Colaboraciones -Fernando Valcarcel-

Esta e a primeira bascula que se instalou na nosa cidade, e gracias a familia Bouzo, ainda se pode ver  no mismo lugar, a Farmacia de Progreso

FIEL, BÁSCULAS E A  “REPESA”
           
            Corría o século XIX. Os  comerciantes, industriais, farmaceúticos, e, todos os que empregaran pesos e medidas no exercicio da súa profesión estaban obrigados á comprobación periódica dos mesmos, que, se realizaba, durante 10 días na oficina do Fiel Contraste situada, por entón, no número 21 da rúa de Alba. Alí se levaban as ferramentas empregadas, para comprobar, que se axustaban ao baremo establecido no sistema métrico-decimal.

            Esta obriga emanaba dunha orde do Goberno Civil que se  publicaba no Boletín Oficial da Provincia, onde se fixaba a periodicidade das visita ás vilas da Provincia para a comprobación anual conforme coa “Ley de Pesas y Medidas”. Así, para dar cumprimento á disposición, recollíanse e comprobábanse, de xeito aleatorio os elementos obxecto de verificación nos negocios mediante visitas “sorpresa”, e, inutilizábanse os que non se axustaban ao sistema, previa sanción económica.

            Este control xurde para evitar a fraude,e , dotar de seguridade ao comercio, xa que, neste campo, a picaresca era prato do día, e, algúns comerciantes acostumaban a limar o peso para entregar menos por máis.

            Célebre foi o negocio de Venancio Bustillo, no número 171 da rúa do Progreso, que, baixo o lema de: “calidade, seguridade e garantía”, axustaba, comprobaba, reparaba e vendía romanas e básculas, para que “todo pesara o que tivese que pesar”.

            O derradeiro fiel contraste foi o lonxevo D. Narciso Iglesias, “o pesas e medidas” que, residía no primeiro andar do actual número 14 da rúa do Paseo.

            En relación con todo o anterior, engadir que, dende hai máis dun século (documentada antes de 1900), existía un lugar disposto polo Concello para a “repesa”, que servía para contrastar as pesadas dos artigos adquiridos.

             Nun tempo a repetida “repesa” realizouse no Cárcere Provincial da rúa Progreso, por ser un lugar cercano á praza de bastos, onde ademáis, sempre había membros da autoridade para, que, como fedatarios públicos, outorgaban cobertura legal á singular tarefa.

            E, para non resultar “pesado”,  aquí rematamos.
Vella bascula SECA de Farmacia, das de a peseta, ainda que a carestia da vida fixo que as últimas pesadas  foran a duro; ¡anda! un duro e un peso, non? pois eso....

No hay comentarios: