Consejos y avisos

Os recomiendo visitar los dos blogs, ya que a partir de ahora los días que haya entrada en www.Ourensenotempo.com no la habrá en http://ovrense.blogspot.com y viceversa.

Mail ourensenotempo@hotmail.com

20/8/12

Xuventude divino Tesoro

Finais dos cuarenta no rio Floro

Tedes razón os que mo comentachedes vía mail, e moitos que de seguro o pensades; o periodo estival dos ourensans, non era en todo los casos, cousa de ir a Vigo ou Pontevedra, e as suas zonas de influencia; había moitos mais destinos, Portosin, Riazor, Ancora (Portugal ), e moitos mais, pero as vosas protestas refirense mais ben os destinos do rural Ourensan, e incluso as vacacions na nosa

Dos destinos do rural, seria demasiado longa a entrada, e non abarcaría o pobo de cada un, co cal deixaremolo polo de agora, o tema das vacacions na cidade xa e otro tema, xa que ainda por riba existen moitos documentos gráficos que o poden ilustrar.
  Botar unha siesteciña na cama propia, sen pensar na obriga de rematala pra ir traballar, tomar un xeadiño nunha terraza, (na da Ibense xa non, pero teremos que buscar alternativas, xa nunca sera o mesmo, pero a vida continua), botar un pito ( os que teñen o vicio, eu xa non.) diante dun cafe no campo das Bestas, ou como desde fai uns aniños volvese por de moda, ir pasar o dia no Rio. 
Cando ir a praia, non era tan  doado, e levaba consigo una farragosa planificación, transporte, intendencia, personal, e por riba de todo "cartos", que non eran poucos os que facian falla pra ter unhas vacacions en condicions; moitos ourensans xa nin siquera o contemplaban, o fin e o cabo, o importante era refrescarse na auga, e pra eso o noso Miño cumple de sobras. As zonas de baño, estanse a recuperar; durante os meus años mozos somentes a "Praia" de Oirá xurdia coma unha opción de lecer, a Acea do Muiño (falanme a lo menos de  duas, unha preto, de onde o amigo Floro aparece na fotografia da cabecera, e outra logo da ponte do Ribeiriño), a Pena de Francia, o Coiñal, o Vao, e algunha mais foron das que caeron no olvido e como digo levan uns aniños que están volvendo a encherse de xente ansiosa de coller todo o sol. 
Non estaría mal recuperar na sua totalidade eses hábitos, volver meter as barcas no Miño, montar a barcaza de Oira, pra tomar un refresco arrullado polas aguas do pai, e o millor ir cas empanadas e as tortillas, a comer o carón do Rio nunha sombriña desas que tanto escasean, pra logo botar unha "sonata" de verán ....

Os amigos que posan baixo estas letras, poderian contar como se "sufría" daquelas nas praias ourensás.
Manolo Conde y "Perita" en el rio os 60

No hay comentarios: