Consejos y avisos

Os recomiendo visitar los dos blogs, ya que a partir de ahora los días que haya entrada en www.Ourensenotempo.com no la habrá en http://ovrense.blogspot.com y viceversa.

Mail ourensenotempo@hotmail.com

13/8/12

Colonias Ourensanas Sanxenxo

A zona de Sanxenxo, en dura competencia co Grove, e a fermosa illa da Toxa, foi outra das elexidas polos ourensans, pra as suas vacacions; pero polo que eu sei, o xeito de veranear dos nosos avos, mesas praias pontevedresas, non era igual cos de Baiona. Sanxenxo como poboacion, era mais pequena, e esa pode ser a causa de que dáquelas os ourensans, en vez de alugueres, decidirán, construir as suas residencias de verán, de feito os fermosos chalets que ainda coñecin, na primera líña da praia Silgar, coido que eran todos de propiedad ourensà, hoxe non sei se quedara un en pé, (teño que admitir que nos últimos tempos as miñas visitas son escasas e curtas).
Como e lòxico, sustituir eses chalets polas moles de cemento que hoxe ocupan o seu lugar, a costa de perxudicar grandemente a estética, permite que sexan mais os privilexiados que gocen da primera liña de praia. Supoño que o progreso ten que cobrar ese peaxe. Por si es caso millor, no publicitar moito a fermosisima, Praia América, non vaia ser que alguen decida .....

As miñas experiencias veraniegas, fai tempo que me fixeron encuadrar de xeito moi diferente as duas zonas, e así como Baiona, Panxon e Praia América, son mais indicadas pra o turismo familiar, (país con nenos pequerrechos), a de Sanxenxo, Portonovo, Grove, etc e mais de ambiente xuvenil, acampadas, noite, e marcha. Non quere esto decir, que non o poda pasar moi ben calquera nas duas zonas; pero o millor e que os poucos que non as coñezades, vaiades pasar uns días por allí e así decidiredes personalmente. Se cadra vemonos.......

No hay comentarios: