Consejos y avisos

6/8/12

Colonias Ourensanas Bayona

Praia Cuncheira de Baiona, co  vello Balneario

   Todos os anos neste mes, acórdome das colonias que tivemos os Ourensanos; a xeito de pacíficos invasores, empurrados pola falta de praias nos límites da nosa provincia; tan pronto comezaban as calores estivais, as familias collían os trebellos e trasladábanse buscando o iodo mariño, e o aire fresco do mar.
    Había os que llelo tomaban tan en serio, que pasaban practicamente tres meses lonxe da cidade, o habitual era que a señora cos nenos e algún familiar (xubilados, ou solteiras dicía a tradición), acompañados da maioría do servizo, (cando o había), deixasen ao cabeza de familia traballando na cidade e desprazándose de cando en vez á costa para vixiar "as súas posesións". 
Non vou falar dos Rodríguez, que é un apelido tan honorable como outro calquera.


   Hoxe prefiro suxerirvos que se vos pasades pola vella Erizana, así chamábase a preciosa Baiona, non dubidedes en darvos un paseo polo que  se chama paseo Monte Boi, pero coloquialmente dise dar unha volta ao Parador. As opcións son dous, e calquera delas paga a pena, de feito se vos encontrades con folgos deberiades facer as dúas, paseando é un par de horitas, con descanso na terraza do Parador, pode alongarse moito mais.
   A exterior realízase por un camiño recén adaptado, (o ano pasado aínda fixéronse un par de retoques) dende o que che fas unha perfecta composición de como podía ser a defensa da fortaleza, mentres gozas da beleza dun Atlántico con frecuencia embravecido. 
   O marxe de pequenas calas, a maioría delas de moi difícil acceso e certa perigosidade, o baño resérvase á playiña (cuestión de tamaño) dos Frades e a Praia Barbeira, (antigamente reservadas para os clientes do Parador), algunha sorpresa teredes, como a torre do Reloxo, un improvisado altar, e algunha oculta figura que teredes que buscar na muralla; iso si, só se sodes capaces de fixar a mirada na outra dirección; as Cíes, as Estelas, Monteferro, Panxon, Praia América, mesmo os restos dunhas vellas construcións que no seu día deberon ser o peirao de acceso ou reparacións, son dura competencia pra as vellas pedras da Fortaleza do Monterreal

   E a propósito da fortaleza, ou mellor dito do castelo, déixovos aquí dúas imaxes da antiga construción, para que opinedes sobre se se gañou esteticamente ou non; polo que me dixeron foi "inevitable" o cambio, imos pensar que así foi.
   Outro día o outro ano, falaremos do paseo polo interior da muralla, ainda que por ese temos que pagar; non e mais que unha pequena axuda pra sua conservación, así e que a pesar de que sempre e molesto rascar a bolsa, facede un esforziño e entrade, paga a pena.

No hay comentarios: