Consejos y avisos

Os recomiendo visitar los dos blogs, ya que a partir de ahora los días que haya entrada en www.Ourensenotempo.com no la habrá en http://ovrense.blogspot.com y viceversa.

Mail ourensenotempo@hotmail.com

9/7/12

Pelamios - Loña

   Hoxe estaba prevista unha entrada falando doutra vista xeral da cidade, concretamente a que pode ser a primeira que se fixo ca técnica da cor. Pero teredes que esperar a mañá martes para vela.
   O motivo deste cambio, é unha corrección que o profesor Monxardín me fixo á entrada do xoves, cousa que agradezo enormemente, e creo que vos gustase que a comparta.
   Como vedes nas preciosas postais que vos mostro, unha estivo o outro día no blog.
   Pois ben, segundo parece, alguén no momento de confeccionar as postais, é posible que confundise os nomes, e de forma errónea os cambiase.             Correspondendo a que pon Lonia, a ponte Pelamios, e ao revés.

   De todos os xeitos creo que debemos ser benévolos, sexa quen sexa o que cometeu o erro, (eu cométoos bastante máis graves), porque se vos fixades, o parecido entre ambas as dúas pontes, é enorme.

   Afonso apúntome outro dato que é o de incluír ponte Pedriña no grupo, as tres terían o mesmo ou parecido deseño


… Parecíanse tanto que os investigadores pensan que estivo feito cos mesmos entablamentos -Ponte Loña e Ponte Pelamios. 
Tamén se cadra Ponte Pedriña, que recordaría unha máis antiga, porque Ponte Pedriña significa "Pons petrinae", ou sexa aínda se declinaba o latín cando se fixo e evolucionou a ponte pedriña, ponte de pedra. …


Aproveitade ese vello erro, para gozar das dúas postais, que pra o meu gusto son das máis fermosas (esteticamente) que temos de Ourense.
Grazas Afonso.

Maña teredes a entrada que era pra hoxe

No hay comentarios: