Consejos y avisos

Os recomiendo visitar los dos blogs, ya que a partir de ahora los días que haya entrada en www.Ourensenotempo.com no la habrá en http://ovrense.blogspot.com y viceversa.

Mail ourensenotempo@hotmail.com

11/6/12

Peza do mes de Xuño 2012

Vista Xeral Pintura de Cendon. 
   Como cada mes, os amigos do Arqueolóxico, ofrécennos, a presentación dunha das pezas que atesouran nas súas instalacións. Neste caso a pesar da precariedade de medios e instalacións, (non me canso de repetilo) volveron demostrar o seu bo facer, recuperando unha obra que ben podería ser como moi apropiadamente indican os profesores Cristina Rodríguez, e Francisco Fariña (responsables do traballo), "premonitoria de toda a serie que a continuará como imaxe fotográfica dá mesma".

   Para corroborar esa afirmación, e de paso agradecerlles que se acordasen de nós (o A.v.O.) citándonos no díptico que publican con motivo da presentación, recuperamos a fotografía que no seu dia nos presto o tamén amigo, Federico Román Alonso "Vista dende o Salto do Can", obra de Don Benjamin del Riego, que nos mostra precisamente esa vista no ano 1888, posiblemente a primeira fotografía obtida dende a situación escollida polo pintor. Se facedes click eiqui teredes acceso a entrada orixinal de Federico, cas explicacions oportunas sobre o autor e a fotografía. 
Casualmente andaba fai tempo dandolle voltas a esta fotografía, e un grabado de Prieto, oe que agora sumase esta nova imaxen, teremos que formular entre todos unha teoria; pero xa falaremos outro día, hoxe disfrutemos da restauración feita polos amigos do Arqueoloxico. 
Vista Xeral Fotografia de Benjamin del Riego
     
Non prometo nada, pero intentarei achegarme por alí para gozar da explicación, o mércores ás 20,00; levo tempo sen poder ir, pero desta vez se non teño inconvinte veremonos alí.

No hay comentarios: