Consejos y avisos

7/6/12

Día Internacional dos Arquivos


Tiven que cambiar varias veces a orde das entradas, pero e que a actualidade as veces manda. A entrada que tiña pra hoxe, veredela maña, pero e que non queria deixar de comentarvos, que maña venres celebrase o Día Internacional dos Arquivos, co cal tedes unha magnifica oportunidade de acercarvos o Arquivo Historico pra ver antigos documentos que de seguro vos van gustar. 
Aproveito pra felicitar a todos os estupendos traballadores que temos nos arquivos ourensans, Historico, Municipal e Diocesano, sempre dispostos a botar unha man. 
Grazas e Felicidades.
Deixovos ca carta de invitación:

O venres 8 de xuño, o Arquivo Histórico Provincial de Ourense celebrará o Día Internacional dos Arquivos cunha xornada de portas abertas na súa sede da rúa Hernán Cortés 2, con visitas ás 12.30 hs. e ás 18.30 hs. nas que se amosarán distintos documentos relacionados co “Bicentenario da Constitución de 1812”.

Prezado amigo/a

O Arquivo Histórico Provincial de Ourense (AHPOu) únese a esta celebración do Día Internacional dos Arquivos a traveso dunha xornada de portas abertas que consistirá na organización de visitas guiadas ás 12.30 hs. e ás 18.30 hs. na súa sede da rúa Hernán Cortés 2 (máximo de 20 persoas por visita).

Nas visitas daranse a coñecer os servizos que oferta o AHPOu, cales son as funcións dun arquivo histórico provincial e farase unha breve introdución ao contido dos seus fondos documentais. Por último, contextualizaranse historicamente os documentos dunha pequena mostra que este ano se dedica aos Bicentenarios da proclamación da Constitución de 1812 e da Guerra da Independencia (1808-1814) así como aos trancendentais cambios históricos que desencadearon estes dous acontecementos.

Estes feitos están reflectidos en numerosos documentos que se custodian no AHPOu, a partir dos cales se fixo a selección que se poderá contemplar nas mencionadas visitas guiadas: escritos relacionados coa loita antifrancesa como os xerados pola Xunta Provincial de Defensa e Armamento de Ourense ou pola milicia popular comandada polo capitán Cachamuíña, heroe da Reconquista de Vigo. En relación coa Constitución de 1812 poderanse ver, entre outros documentos, as actas municipais nas que se recollen as cerimonias celebrados na cidade de Ourense na xura e proclamación do texto constitucional.

Un cordial saúdo,

No hay comentarios: