Consejos y avisos

18/5/12

San Francisco, a "hestorea" repitese


   Estas fotografias chegaron as miñas mans recentemente de xeito anonimo, xunto con outras moitas que mostran o deterioro do complexo de San Francisco.

   Estaba a preparar esta entrada, que me apetecería que tivese gran difusión por se servise de algo, cando me recordaron que hoxe se celebra o día internacional dos museos; polo cal a medio facer, pero creo necesario que neste día se recorde a situación que estamos a vivir en Ourense con algúns (case todos) dos nosos edificios históricos.

   San Francisco, Museo Arqueolóxico, Cárcere de Progreso (a outra creo que é privada, pero o seu estado é máis lamentable aínda), complexo do Santo Anxo, Banco de España (este parece que si que va..),edificio de Gulias (na praza de San Rosendo), a Catedral, e a nosa ponte Vella. Son unha longa e penosa lista que posiblemente fose doado incrementar con algún máis; son unha penosa e longa lista de construcións, que están a vivir unha das súas peores etapas entre nós.
   Descoñezo nalgún caso a titularidade, ou responsabilidade da súa conservación; pero iso non é o prioritario, o inmediato, sería poñerse mans á obra e darlle unha solución. Non se me escapa que os momentos económicos que estamos a atravesar son terribles, e antes son as persoas que os edificios, pero posiblemente habería algún tipo de solución transitoria para evitar que seguise avanzando a deterioración; que pode chegar a ser irreversible. Se é preciso mesmo se podería estudar algún sistema de voluntariado para colaborar na súa conservación; eu dende logo estaría disposto a ir a arrancar hierbajos de onde fose preciso.

  Para quitarlle un pouco de ferro ao tema, e non nos desanimar, aquí tedes  a imaxe que mostraba en Xunio do 1915 o complexo de San Francisco cando sufriu unha etapa semellante ou peor; si daquelas foi capaz de soportala, esta vez tamén ten que ser así, ou non ????
Revista La Esfera xunio de 1915, foto Bonilla




No hay comentarios: