Consejos y avisos

Os recomiendo visitar los dos blogs, ya que a partir de ahora los días que haya entrada en www.Ourensenotempo.com no la habrá en http://ovrense.blogspot.com y viceversa.

Mail ourensenotempo@hotmail.com

10/5/12

Praza do Ferro; Tomas María Mosquera

Retrato oficial do Senador, prop. Biblioteca Nacional
      O grande Aquiles, (o do talón), heroe da guerra de Troya, mantiña que o xeito de converterse en inmortal, era conseguir que o teu nome permanecese no recordo dos homes. Algo parecido debían de pensar no antigo Exipto, e por iso preocupábanse os faraóns de borrar o nome dos seus inimigos de todos os medios escritos, para así conseguir que non existisen.

    Seguindo co razoamento; cando a sociedade decide facer unha homenaxe a un personaxe público, tal como dedicarlle unha rúa, un edificio etc., debía pensalo con moito detemento; e visto o visto coido que seria mellor non homenaxear políticos, dado que ao final sempre pasa o mesmo, e de xente de armas mellor non falar.

    Na cidade temos infinidade de exemplos, Luis Espada, Vicente Pérez, Pablo Iglesias, Calvo Sotelo, etc., nalgúns casos non chegou a desaparecer, senón que se produciu un cambio de situación, (non sei que causas poden xustificar eses cambios, pero....), Paz Novoa, Basilio Álvarez, etc.
   O caso é que eses cambios, en ocasións conducen ao esquecemento do personaxe, e se ben en ocasións se podería admitir, (ao existir algún tipo de imposición), noutras non ten unha explicación moi coherente.
   Xa vos adianto que non serei eu quen xulgue en que casos foi xustificado ese cambio de nome e en cuales, non o que se farei será tentar recuperar algún desas figuras, que no seu día deron nome a rúas da nosa cidade, e actualmente están no máis absoluto esquecemento.

   Hoxe como vedes no titulo, recuperamos a Tomas María Mosquera e García;
Naceu en San Ciprian de Cástrelo de Cea Ourense o 10 de novembro de 1823 e faleceu en Madrid, o 30 de Abril de 1890.
Avogado de profesión, de ideas liberais, participo na revolución de Setembro,  chamada A Groriosa (1868), sendo nomeado o ano seguinte senador por Ourense; ocupo dúas carteiras ministeriais Ultramar (1871-72) e Fomento (1874), sendo nomeado senador vitalicio en 1882.
   Moi escasos son os datos que o relacionan coa nosa cidade, á marxe do seu nomeamento como senador, e se reducen á defensa que en 1861 fixo de don Juan Igneson Miramón, (xa vos falei del tamén, seu era o caserón que houbo de ser adquirido polo concello, para poder abrir a actual rúa do paseo).
Supoño que se lle deu o seu nome á praza do ferro, na mesma época que se lle deu á praza do Topete
Fotografía de Augusto Pacheco 1960; Prop Augusto Guedes

No hay comentarios: