Consejos y avisos

16/5/12

Museos day


      Como dicían os antigos publicitarios: Non confundirse.....

    Os habituais, seguro que xa estabades advertidos, pero por se acaso,  recordovos, que a presentación da Peza do Mes, atrasase ata o venres, para facelo coincidir coa celebración do día  Internacional dos Museos.
    A pesares das carencias obrigadas pola falta da súa sede habitual (e xa van...... anos.), os traballadores do Arqueológico, esfórzanse en seguir desenvolvendo a súa actividade; cousa que conseguen de forma meritoria.

       Este é o programa que prepararon para celebrar o seu día.


 · PRESENTACIÓN DA “PEZA DO MES”: CAMAFEO DAS BURGAS, coa utilización de novas tecnoloxías aplicadas á investigación e á presentación.
Venres día 18 ás 20 h. Sala de exposicións de San Francisco
A utilización do microscopio binocular e da luz de fibra óptica coa combinación do emprego da informática permitiron o recoñecemento de determinados procesos de fabricación, de gran importancia, desta interesante peza, que doutro xeito sería imposible de descubrir.
Por outra banda utilizase como apoio para a presentación unha reconstrucción virtual deste Camafeo das Burgas, empregando técnicas de animación e modelado 3D para recrear mediante combinación de imaxe de síntese e material fotográfico o proceso de fabricación da peza e explicar a súas peculiaridades. A aplicación desta tecnoloxía ao eido da arqueoloxía permite xerar material que pode ser empregado, tanto a nivel técnico e de investigación, como didáctico con fins divulgativos.

· VISITA GUIADA AO EDIFICIO E ÁS ESCAVACIÓNS DA PRAZA MAIOR.
venres día 18 ás 12 h.
Co motivo deste día o Museo edita un marcapáxinas coa imaxe da Peza do mes e un lapiseiro como agasallo aos visitantes.
Permitídeme que os felicite con motivo deste día, e lles agradeza a colaboración que sempre recibín nas miñas visitas ao seu "exilio". Felicidades e GRAZAS

No hay comentarios: