Consejos y avisos

Os recomiendo visitar los dos blogs, ya que a partir de ahora los días que haya entrada en www.Ourensenotempo.com no la habrá en http://ovrense.blogspot.com y viceversa.

Mail ourensenotempo@hotmail.com

13/4/12

Fatima 50 anos

Fixadevos no entorno do templo nos últimos tempos da construcción
Levo unha tempada, con algo de atraso aínda que por fortuna as cousas van saíndo adiante; hoxe con todo non teño máis remedio que reprocharme o atraso, porque conleva que non vos informase ao seu debido tempo, das actividades que a parroquia de Fátima, ten organizado para celebrar os 50 anos que pasaron desde a súa inauguración oficial.

Os primeiros actos, tres conferencias que por desgraza xa nos perdemos, correron da man do Sr. Cardeal Carlos Amigo, (Arcebispo emérito de Sevilla), e os amigos, Don Miguel Ángel González García (Cóengo arquiveiro da Catedral), e o profesor Xavier Limia Gardon.

Quédanos polo menos a charla que hoxe nos ofrece o tamén amigo don José Luís Rodríguez Cid na sociedade cultural Albor ás 20,15 horas; "O Couto a súa Parroquia e o seu Santuario".

Se vos perdestes as outras aproveitade para gozar esta sen dúbida interesante conferencia.

Mañá sábado tedes tamén a inauguración da exposición fotográfica "50 e +", da que vos falarei con máis detalle o luns.

No hay comentarios: