Consejos y avisos

Os recomiendo visitar los dos blogs, ya que a partir de ahora los días que haya entrada en www.Ourensenotempo.com no la habrá en http://ovrense.blogspot.com y viceversa.

Mail ourensenotempo@hotmail.com

27/4/12

Camiño de Castela

Camiño de Castela.-  Fondo Ben Cho Shey (Biblioteca da Deputación Provincial de Ourense)
Imos facer unha paréntese nas entradas do Proxecto Ourense en Vida Gallega, que retomaremos o mércores día dous, e espero terminar o venres día catro; o martes e xoves por aquilo do festivo, libraremos, e o luns teredes un reencontro coa crónica negra de Auria. Si pasades maña polo blog, teredes unha recomendacion de lectura pra estes dias, e o mercores un agasallo. 

Hoxe quero presentarvos outro dos arquivos que utilizo para realizar o blog; trátase do que Ben Cho Shey, cedeu no seu día á Deputación provincial. Vaia por diante que é un magnifico fondo, composto por libros (propios e/ou da súa biblioteca), traballos e recompilacións de artigos xornalísticos; abarcando temas moi variados, aínda que entre eles sobresaian a etnografía e a heráldica.

Co que respecta ao obxecto deste blog: o volume de material fotográfico, é menor do que esperaba, aínda que confeso que esa sensación téñoa cada vez que descubro un novo fondo fotográfico, sempre me gustaría que fose maior. A maior cantidade de imaxes, son as que están dentro do cartafol de Festa dos maios, a colección persoal de cartóns postais que posuía, e as fotografías de monumentos e heráldica da provincia.

A maiores desas series, o resto das imaxes, son máis ben escasas, pero non carentes de interese; hoxe móstrovos unha delas, e un recorte doutra, pra o meu (curto) entender, das máis interesantes.

O recorte do plano que vos mostro, pertence a unha fotografía, que no dorso ten esta lenda: "Plano de la ciudad de Orense. Comandancia de ingenieros de Vigo 1861", (xunto ao selo dun profesor madrileño, e unha anotación a lapis). Sería necesario, que os entendidos na materia désennos a súa opinión, pero a data e o contido, exponnos pequenos problemas á hora de comparalo con outros existentes (ex. O que López Carreira, Anselmo móstranos no seu "A cidade de Ourense no Século XV), a modo de aperitivo: neste de 1861, non existe aínda, con toda lóxica a ponte da Burga, pero sorprende polo inesperado, a inexistencia, da que hoxe é Concordia, e no seu día Estrada de Trives Hospicio e Capitán Eloy; pero deixaremos ese tema para outra entrada, que se non estendereime demasiado.

Logo dese rollo, imos ao tema da entrada de hoxe, que é intentar que cambiemos o chip, con respecto a un detalle xa mencionado; a ponte da Burga permitiu o paso da Estrada Vigo Villacastin, por onde hoxe o coñecemos; pero iso foi contorna ao 1863, e antes?.

A resposta, tédela nese recorte de plano, e na fotografía que nos deixou Ben Cho Shey; o camiño de Castela entraba pola actual Bonhome, e discorría pola parte superior da cidade, para evitar a vaguada das Burgas; así, o percorrido seria Porta dá Aíra (Xullo Prieto), Hernán Cortes, Unión, Fornos, e Santo Domingo, (ou un moi parecido).

De paso axúdame a entender porque Bocconi decidiu instalarse nunha rúa como Xullo Prieto, ou porque Prieto escolleu a rúa Pelayo para instalar o primeiro estudo fotográfico; naqueles tempos eran rúas de moito transito, aínda que comezaban a ceder terreo ante a rúa Progreso, por iso ao final a rúa dos fotógrafos foi Cardeal Quiroga.

Seguiremos noutra entrada.
Plano da cidade Fondo Ben Cho Shey sps. 1862

No hay comentarios: