Consejos y avisos

30/3/12

Semana Santa en Ourense


Faremos un alto no camiño, coas entradas de temática militar, porque botasenos  encima a Semana Santa, (coa que está caendo e non precisamente de choiva, mais vai semellar semana de Paixón, pero...), e hai que atender á familia, que regresa ao fogar desde os seus centros de estudos.

Non sei se poderei facer entradas estes días, xa sabedes que a autoridade está moi estrita co uso das tecnoloxías, desde que tiven "o meu", pero supoño que vós tamén aproveitardes para relaxar a mente no posible, e escapárdesvos do computador por estes días; se podedes botade unha ollada de cando en vez, que se podo poreivos algunha imaxe.

A fotografía que escollín hoxe, fai tempo que nola prestou dona Conchita Calvo, e reflicte algo que eu polo menos descoñecía totalmente, o Desencravo (un dos actos litúrxicos que se celebran estes días), desenvolvíase na Praza Maior; podedes ver a Cruz no soportal do Concello, e o pulpito improvisado á beira; vendo a gran cantidade de cidadáns que asistían ao acto, é fácil pensar que o obxecto de abandonar o interior dalgunha igrexa para realizar o acto na praza, é por un tema de aforamento, hoxe penso que se realiza en Santa María Nai. Polas roupas e detalles, dataríaa na década dos trinta, pero non me fagades moito caso.
Vemonos estes días nalgunha procesión, disfrutade o que poidades.

No hay comentarios: