Consejos y avisos

15/3/12

Os do Zamora 8

Ano 1958 desfile no Parque do San Lazaro.

As novas tecnoloxías coa rede á cabeza, convertéronse en constante motivo de críticas e eloxios. Sempre aconteceu así con todas as novidades e avances; ata que aprendemos a utilizalos con lóxica e corrección, pasa un tempo no que é posible que os problemas que causa superen aos beneficios.
Vén isto a conto, porque hai unhas semanas, creouse en Facebook, un grupo de amigos, "Regimiento de Infantería Zamora 8, El Fiel", cuxo único obxectivo é facilitar o rencuentro entre "todos" os que nalgún momento pasamos polo cuartel de San Francisco, ou o destacamento do Cumial: os quintos do Zamora 8.
Agora son xa moitas as xeracións que non saben o que era a mili, pero aínda quedamos algúns abueletes deses aos que nos gusta contar as "historias da mili". Non é que todo fose un camiño de rosas, e seguro que houbo todo tipo de experiencias, boas e regulares; pero o gratificante é recordar as boas, aquelas que falan de amizade, compañeirismo e por que non, tamén moitos momentos divertidos.
No pouco tempo que leva aberto o grupo en Facebook, son xa máis de 100 os "pollos" que se uniron, e máis de 500 as fotografías que se compartiron. A parte dunha cea á que non puiden asistir por decatarme con atraso da existencia do grupo.
Animarvos a formar parte do grupo; é un moi bo xeito de rencontrarse con antigos amigos, na maior parte dos casos de zonas afastadas do país, aos que as novas tecnoloxías nos achegan.

Os reos formados no Campo de Aragón

No hay comentarios: