Consejos y avisos

Os recomiendo visitar los dos blogs, ya que a partir de ahora los días que haya entrada en www.Ourensenotempo.com no la habrá en http://ovrense.blogspot.com y viceversa.

Mail ourensenotempo@hotmail.com

20/3/12

Na busca de axuda

   Se onte falábavos dunhas xoias fotográficas Ourensás, hoxe ensínovos unha das que eu chamo espectaculares.
   Estouvos agradecidísimo, pola cantidade de fotografías que me estades enviando ultimamente, e aproveito para dar a benvida aos novos lectores que visitan este blog.

   Por fortuna a miña idea inicial de que nos fogares Ourensáns, ten que haber gran cantidade de material fotográfico, comeza a demostrarse que era acertada; o que fai falta é que dediquedes un momento a buscalas e permitades que todos poidamos gozar da súa vista. E en casos como o que hoxe nos ocupa, entre todos podemos intentar achegar datos para identificar, datar e en ocasións situar estas imaxes de onte.
   O amigo Luís, ao enviarme esta fotografía, coméntame que segundo a súa avoa, que por certo é un dos personaxes que aparecen nela (no balcón marcado, estaban a súa avoa de nena, coa súa nai e irmás), a fotografía obtívose cando as forzas acuarteladas na nosa cidade, dispúñanse a marchar á fronte; o paso do tempo, foi formando na súa cabeza, a idea de que a guerra á que se dirixían, era a do 36, co cal databa a imaxe nesas datas.
   O caso é algúns datos que ofrece a propia imaxe, levan a datala en datas anteriores, e gustaríanos que nos botásedes unha man, para poder confirmalo; xa vos adianto que eu me iría á contorna de 1914, pero espero que poidamos aseguralo con probas.
   Sería interesante datar de forma concreta o tipo de uniformes, que locen os militares, fixarvos que hai tres estilos diferentes polo menos. Xa vos dariades conta de que se trata da rúa do Alba (Cardeal Quiroga), co cal sabendo cando se construíron eses solares que ven con estruturas rudimentarias e peches de madeira (que recordo se esixiron por parte do concello aos propietarios cando se abriu a rúa), tamén teriamos unha boa pista; é posible que tamén se facemos un escaneado con mais resolución, póidase identificar correctamente se estaba xa construído o edificio da actual Nova Galicia Banco (chámase así agora, non?), na esquina do paseo, e cal era o edificio que se ve ao fondo na rúa progreso. Pero por agora creo que temos bastantes detalles que confirmar para darlle datos a esta fantástica fotografía.

De novo quero dar as grazas a todos os que me enviades imaxes, entre todos faremos ese arquivo fotográfico que Ourense se merece. De paso se atopades prensa antiga ou publicidade, ou calquera cousa que fale do noso pasado, tamén me gustaría "vela".
Proporcionanos Luis outro dato: a sua avoa naceu no 1904, así es que se confirmamos que idade poden ter as rapazas no balcon, teriamos unha moi boa pista.

No hay comentarios: