Consejos y avisos

Os recomiendo visitar los dos blogs, ya que a partir de ahora los días que haya entrada en www.Ourensenotempo.com no la habrá en http://ovrense.blogspot.com y viceversa.

Mail ourensenotempo@hotmail.com

27/3/12

Catalogo monumental y artistico de la Provincia de Orense

   Comentáronme a semana pasada, a existencia desta obra, os amigos do arqueolóxico; e coincidiredes comigo, que é outro gran achado. Á espera de que persoas autorizadas, realicen un traballo serio sobre el, que viría completar o que no seu día fixo Pilar Núñez sobre o álbum da comisión provincial, (a ver se se anima e faio ela mesma), ensínovos esta pequena mostra do que se pode atopar neste fenomenal libro, que no seu día encargou o Ministerio de Instrución Pública e Belas Artes, finalmente ao profesor Cristóbal de Castro. Rematouse no 1915


Segundo conta o propio Cristóbal de Castro, desde que chegou á nosa cidade, contou coa total colaboración das autoridades municipais e provinciais, e como non, coa amable e docta compañía dos membros da comisión provincial de monumentos, encabezada por Don Marcelo Macías. 
No libro, pódense ver, creo que todas as fotografías do Álbum da Comisión, acompañadas de moitas outras que se fixeron para a ocasión; o que se bota en falta, é unha clara referencia ao fotógrafo que se encargou de obtelas, e aínda que temos clara, a intervención de José Martino nas do álbum, e a autoría de Pedro Ferrer, en polo menos unha das outras, fáltannos referencias aos posibles autores das demais. Polas datas a porta está aberta a diferentes profesionais, como José Pacheco, Ksado  ou José Samaniego, entre outros, sen descartar a posibilidade da autoría dalgún fotógrafo non profesional como o propio Cristóbal de Castro. E ata poderiamos pensar que as fotografías non se fixeron para a ocasión, senón que foron unha recompilación das que xa estaban en poder da comisión.
Pero deixemos para un estudo rigoroso, as respostas a estas dúbidas.

A obra, é propiedade do Ministerio de Cultura e está depositada na biblioteca Tomas Navarro do CSIC.


As duas fotografias "pequenas" claustro de Celanova e sepulcro do Bispo Vasco Mariño, forman parte das do álbum da Comision, e como podedes comprobar na fotografía superior, estaban nas paredes do Museo (daquelas no edificio do Instituto, e que lamentablemente caeu pasto das lapas no incendio), xunto con algunha mais.

Por certo nunha desas fotografias feitas por Martino, nalgunha publicacion mencionase a presencia do Arquitecto Vazquez Gulias, e penso que e mais que dubidosa; mais ben tratariase do Sr. Manuel Hermida, membro da comision encargado de asesorar a Martino en canto os aspectos mais importantes das obras a reproducir.
A ver se se animan os profesionais a traballar con estas fermosas fotografías.


No hay comentarios: