Consejos y avisos

Os recomiendo visitar los dos blogs, ya que a partir de ahora los días que haya entrada en www.Ourensenotempo.com no la habrá en http://ovrense.blogspot.com y viceversa.

Mail ourensenotempo@hotmail.com

2/2/12

Tcol. Bernardez Dorado

Cun día de atraso pero vos compensarei con dúas entradas seguidas.
Antes de nada, pedir desculpas aos que me deixastes fotografías para escanear nestes últimos días, pero entre a limitación do uso do computador, e a prioridade que lle tivemos que dar á exposición do día nove. (Por se algún aínda non o sabe, o nove de Febreiro, inauguramos a segunda exposición do A.v.O. "Naqueles vellos Pupitres"); teño o escaneado un pouco atrasado, por iso pido perdón e paciencia.

Pero vaiamos á entrada de hoxe.

Dous amigos, Alberto V. e Antonio G. (póñoo así porque teño que preguntarlles se prefiren pasar inadvertidos ou non), interviñeron para que chegase ás miñas mans esta fotografía.
Descoñezo se pertence a unha publicación de prensa, ou se Antonio posúe o orixinal, tería a súa lóxica, o caso é que como moitos de vós identificariades, trátase da rúa de Cervantes* (pido desculpas polo erro que tiven poñendo rua Villar, que moitos de vos me correxichedes, grazas.), e ao fondo vese a zona de soportais, da rúa da Barreira.
 Sabendo a localización, teriamos que preguntarnos, que fai tanta xente paseando por esa rúa?, (algún seguro que jocosamente imaxina algún tipo de oferta comercial, aínda que mellor non profundar nesa tese, e perdon pola broma.), por fortuna neste caso resulta sinxelo datar o evento.

Durante a campaña de África a finais de 1911, O Tenente Coronel Antonio Bernárdez Dorado, pertencente ao rexemento de Ceriñola, baixo as ordes do Xeneral Carrasco. Segundo contan as crónicas perdeu heroicamente a vida mentres facía fronte aos sublevados, nas beiras do Kert.

Nun Ourense, expectante ante os acontecementos políticos na península, a noticia causo gran consternación, e rapidamente xurdiron voces, reclamando o traslado á súa terra ao finado, ofrecéndose a poboación a sufragar os gastos do traslado.

Non puiden constatar se finalmente produciuse o traslado, o que se está comprobado e a fotografía así o demostra, é que se lle rendeu unha homenaxe ao Tte. Coronel, e dedicouselle unha fermosa placa que aínda hoxe permanece na mesma localización. E aquí podedes ver. 

A pesar de que quisen sacar unha fotografia a placa orixinal, ten mais calidade esta que atopei nun fantastico traballo: "Placas conmemorativas Orensanas" de dona Mª Rosa Casado Nieto, publicado na revista Porta da Aira
Hai outro detalle que me falta por aclarar, e é o porqué na placa cítase Bos Aires, e coincidentemente no recorte da fotografía que me envían os meus amigos, tamén aparece B. Aires. Se tedes algún dato, xa sabedes gustaríame coñecelo.

No hay comentarios: