Consellos

Usar as pestanas que están encima desta advertencia.
Os que non utilizades Explorer, debedes usar as etiquetas que están na dereita o fondo do blogue.
As imaxes das páxinas web non adoitan ser de dominio público, pois están suxeitas a dereitos de autor e teñen copyright.
As imaxes de dominio público son as que o propio autor libera, ou aquelas feitas por alguén que morreu hai máis de 70 anos.
Só se poden considerar imaxes de dominio público aquelas que "explicitamente" son publicadas baixo esta condición.
As imaxes suxeitas a dereitos de autor poderanse utilizar sempre que teña unha finalidade didáctica e sen animo de lucro.
No meu caso, as fotografías que son da miña propiedade, non teño inconvinte en que se utilizen, sempre que non sexa para obter un beneficio.
As que se me prestan con fines didácticos e históricos, depende dos seus propietarios dar a autorización pertinente para seren utilizadas.

Novo mail ourensenotempo@hotmail.com

27/01/12

Última hora

Xa sabedes que estes días teño limitado o uso do meu computador, e ata me poñen pegas para estar sentado lendo tranquilamente. Segundo parece fano pola miña saúde, pero estou empezando a pensar mal de tanta insistencia en que salga a pasear; non se se subxacerá algún escuro desexo. (e broma)
O certo é que me está servindo para que descansedes un pouco de vellas imaxes, e así esteades máis desexosos de velas.
Cun pouco de sorte, o día nove de febreiro, coa inauguración da exposición que teremos no museo Municipal, espero poder retomar a maioría das miñas actividades normais. Eu atópome ben, agora a ver que di a autoridade.
 
Para ir abrindo boca, conseguín que me deixasen un recorte do que será o Tríptico da exposición; o equipo de Marcos, de Nacher Publicidade, creo que volveu a conseguir captar perfectamente a idea e presentounos un deseño "provisional" espectacular.
Espero que vos guste tanto como a min, e por agora ir apuntando nas vosas axendas a tarde do nove de febreiro, como ocupada para ver a inauguración da exposición
Naqueles vellos pupitres,
que o AvO está organizando.