Consejos y avisos

Os recomiendo visitar los dos blogs, ya que a partir de ahora los días que haya entrada en www.Ourensenotempo.com no la habrá en http://ovrense.blogspot.com y viceversa.

Mail ourensenotempo@hotmail.com

28/12/11

Ourense e inocente

 Augusto Pacheco. Museo Etnoloxiso de Ribadavia. Por fin o Miño fixose navegable

Hoxe 28 de decembro é día de inocentadas, e tentado estiven a elaborar unha; opcións había; o novo centro de convencións da Alameda, as prospeccións petrolíferas do Pozo do Inferno, etc. etc.
O caso é que mentres me formulaba algunha delas; na miña cabeza sempre estaba, a posibilidade de que Don Augusto Pacheco xa a tivese feito.

 Augusto Pacheco, Museo Etnoloxico de Ribadavia, Accidente dun mercancias, sorte que ainda non esta feita a nova estación do Ave


Ante as dúbidas, púxenme a gozar das que el durante mais ou menos vinte anos, foinos ofrecendo a través das páxinas do diario La Región.
Non podemos pretender que as súas montaxes compitan cos que actualmente podense facer co Photo-Shop, precisamente temos que valoralos pola limitación de medios cos que contaba, suplíndoos cunha grande imaxinación, e habilidade cos negativos. Así puidemos ver osos e outros animais non habituais no Posío, accidentes inverosímiles, ou visitas extraterrestres á nosa Auria.

Augusto Pacheco, Museo Etnoloxico de Ribadavia. Accidente aereo na Praza de abastos.
Ao final decidín que seria mellor que vós mesmos xulgásedes, e para iso nada mellor que presentarvos unha pequena mostra do seu traballo; e facilitarvos o enlace á práctica totalidade das que don Augusto realizo.
Permíteme esta presentación o traballo que os amigos do Etnolóxico de Ribadavia, e sobre todo de dona Bárbara Coto Dono quen as catalogou.
Grazas a todos eles, e a vós que as gocedes, e coidado coas costas neste día de "inocentes".
Para ver a colección facede clic neste enlace. Etnoloxico de Ribadavia

No hay comentarios: