Consejos y avisos

Este viernes dia 15 y hasta el dia 8 de enero comienza el periodo navideño en OurensenoTempo y Ovrense. Durante esos días al margen de alguna posible sorpresa, solamente tendréis las publicaciones en el diario La Región (los sábados) y el primer domingo de enero en el suplemento Gente Mayor, así como mi colaboración habitual en el especial Nochebuena.
A TODOS MIS AMIGOS Y LECTORES
FELIZ NAVIDAD

Mail ourensenotempo@hotmail.com

16/12/11

Mesmo aos outros

Vou rematar por agora esta serie de entradas, nas que contei coa excepcional colaboración de Don Ramón; e para iso, baseándome nun dos seus textos, presentareivos algunhas obras coas que el contaba a miúdo para a súa consulta; a maioría hoxe en día son complicadas de encontrar para a súa adquisición, pero a cambio, vantaxes da modernidade e a rede, pódense atopar nalgún dos formatos dixitais de que dispoñemos. Escribindo no buscador Galiciana, CSBG, ou Hemeroteca dixital entre outros termos poderedes acceder a moitos destes textos.

No artigo de Don Ramón, Formas e expresións da cultura en Ourense durante o século XIX, Centro de Estudos Galegos Tomo XXIII fascículo 69 Santiago 1968. O mestre fai un percorrido pola vida cultural da nosa Auria; personaxes, centros de ensino, asociacións e actividades musicais, son algúns dos temas que toca, achegando interesantes datos, empregados xa nalgunha ocasión para a elaboración de traballos de grande importancia. O marxe destes datos, toca o autor o apartado de imprentas e publicacións, e este é o que vai ser hoxe obxecto da entrada.
Libros como a Historia de Galicia de Verea, imprentas como as de Pazos, Cesáreo Paz, Agustín Moldes, ou Pedro Lozano; librarías como a de Vicente Miranda, Rois, Gómez Novóa ou Resvie, son obxecto dos seus comentarios, repletos de datos, que nos achegan a todo tipo de publicacións e nos poñen na pista dos principais diarios, que se publicaban na nosa cidade. Datos singulares, como o emprego da Farmacia de Sánchez Toca na rúa da Paz, para a adquisición de obras literarias. E unha morea de referencias a títulos que viron a luz na nosa Auria, froito da actividade intelectual dos nosos conveciños; e que de forma indubidable contribuíron a engrandecer o nivel cultural Ourensano.

Achegámonos ao período do Nadal, e é tempo de regalos, por iso se algún de vós ten algún destes exemplares ocupando espazo na súa casa e non o "usa", ofrézome a "gardarllo.

Non quero rematar esta serie de entradas, sen comentarvos, que o profesor Monxardín e Xoan Carlos Rivas, no ano 96 co patrocinio de Caixa Galicia e a Fundación Otero Pedrayo, coordinaron a edición dun fantástico libro recompilatorio de pequenos textos do noso Don Ramón, o título é Temas Ourensáns; como vos comentaba na primeira entrada, sería interesante que se promovese a edición dun libro similar a este, pouco mellorable en canto á recompilación de textos, pero se en canto á inclusión de imaxes; considero que sería unha obra de interese, para achegar á nosa xuventude á historia da nosa cidade, e por que non para que os nostálxicos de Auria recuperen algunha das imaxes que reteñen na súa memoria.
A ver se Afonso capta a indirecta.

No hay comentarios: