Consejos y avisos

3/12/11

Mes do Nadal

Entre crise e demais problemas, estamos chegando as festas do Nadal, e con elas como os lectores habituais xa saben, comeza un período de restricións; non falo de conxelación de nominas nin nada diso, senón de que non se me permite o acceso ao meu computador máis que de forma esporádica.

Dito doutra forma ata o 10 de xaneiro máis ou menos non vos garanto que haxa entradas diarias, esta semana que entra, aproveitando que hai moito festivo, non publicarei; a semana do 12 con todo comprométome a facer entrada diaria, e ademais creo que vos gustasen, busqueime un "colaborador" de excepción.

Os días seguintes ata o 10 de xaneiro como xa vos digo, farei o que poida pero non garanto nada. Bo o 22 temos o do Mural nas Galerias Centrais e espero que nos vexamos alí. Recordáreivolo os días anteriores. Non esquezades visitar a exposición de Ana e Jorge que vos dixen onte inaugurase o sete.

De todos os xeitos, como outras veces, podedes aproveitar para revisar entradas antigas que seguro que atopades algún erro, e podémolo corrixir.

Para empezar a ambientar estas festas, déixovos esta imaxe, dun parente meu, que de momento pasa de problemas, Que envexa non ???


No hay comentarios: