Consejos y avisos

Este viernes dia 15 y hasta el dia 8 de enero comienza el periodo navideño en OurensenoTempo y Ovrense. Durante esos días al margen de alguna posible sorpresa, solamente tendréis las publicaciones en el diario La Región (los sábados) y el primer domingo de enero en el suplemento Gente Mayor, así como mi colaboración habitual en el especial Nochebuena.
A TODOS MIS AMIGOS Y LECTORES
FELIZ NAVIDAD

Mail ourensenotempo@hotmail.com

21/11/11

San Lazaro, os Maristas e....


Rematamos de momento con esta serie de recortes da vista de Ourense do ano 1906 aprox Aínda que segundo vaiamos descubrindo máis detalles volos irei mostrando.
A imaxe orixinal esperamos poder ensinala, en gran formato, durante a próxima exposición do A.v.O. que estamos a organizar, e como primicia xa vos informo que será de novo no Museo Municipal, a inauguración senón existe ningún contratempo, será o nove de febreiro.
Pero vaiamos á imaxe que é agora o importante.
Se a comparades coas anteriores, veredes que as letras informativas, son menos; e iso é precisamente o máis rechamante, nunha zona tan construída actualmente, como esta, se fai difícil imaxinar como sería anteriormente. 
Bo pois xa non tedes que imaxinalo, aquí tedes o estado da rúa do Paseo, o parque de San Lázaro e todo o seu ámbito. 
Quen tivera a propiedade actualmente desas leiras!!!.
É suficiente recoñecer o edificio da actual Delegación de Defensa (antigo Goberno Militar), para situarse perfectamente. Cando se obtivo a imaxe, se se confirma a data de 1906; nin sequera o seu promotor o bispo Illundain, sabía que os seus primeiros ocupantes, serían os Irmáns Maristas, e que en vez de ser un edificio silencioso e de descanso como estaba previsto inicialmente, xa que ía ser residencia de sacerdotes retirados, os seus corredores recollesen as risas e conversacións dos alumnos do colexio Maristas; iso sucedeu a partir de 1908.
Penso non errar, ao afirmar que de todos os edificios que aparecen, ese sexa o único que continúa no sitio, (habería que confirmar algún dos tellados que aparecen en primeiro plano);
Pero os seguidores do blog, non terán problemas, para recoñecer os demais que sinalei. O Círculo Católico daquelas en obras, xa o vistes noutras ocasións; a capela de San Lázaro, que noutra situación (agora en Peliquín), aínda permanece en pé, de novo a casa do meu amigo Ernesto Ferro, (hai uns meses goce vendo un debuxo feito por un mozo Florentino Moretón, porque era o único xeito que tenia de velo, e agora teño xa dúas imaxes nas que aparece). E por último os dous edificios que se ven ao fondo do que hoxe é o parque; que haberá que investigar, cales son exactamente; eu de forma arriscada e baseándome no que parece ser unha cheminea de gran tamaño, apunto se puidese ser a primeira fundición da familia Malingre, aínda que por situación máis ben podería ser o outro edificio.
De momento carece de importancia, teremos que esperar que continúen aparecendo información e imaxes, e pouco a pouco poderemos reconstruír as antigas vistas da nosa cidade.

Como vos comentei o venres, o amigo Cándido, non pode ver estas entradas, nas que tivo un papel esencial. Polos meus datos continua ingresado en reanimación, á espera de que o seu estado evolucione. 
No blog non volverei facervos comentarios, pero os amigos que queiran saber sobre a súa evolución, poden contactar vía correo electrónico comigo; como sabedes vive só na cidade, e cando mellore necesitara do apoio dos seus amigos para recuperarse.

No hay comentarios: