Consejos y avisos

25/11/11

Para Candido Ventim

Como sabedes o amigo e socio do A.v.O. Cándido Ventim sufriu un contratempo hai uns días que o ten recluído na residencia; despois duns días de gran preocupación, por fin parece que todo evoluciona favorablemente, e xa está en planta.
Pensando en que se entreteña botando unha ollada ao blog; publico hoxe este correo electrónico que me enviou un dos seus amigos, acompañado de dúas fotografías, que sei que lle gustasen.
Unha é da súa autoría, e a outra dunha admirada Ruth Matilda Anderson. As dúas a pesar da gran diferenza temporal, reflicten un belo ecanto da nosa cidade, que non conseguiu sobrevivir á furia construtiva dos últimos tempos.
Como xa teredes recoñecido de trata da rúa de Quebracús- Estrella, e hoxe non sei se coa transformación lle cambiou o nome, de feito xa non é unha rúa, senón que é o que queda dunha rúa, e unha praza.
Volvendo ás imaxes, fixarvos que Cándido obtivo a instantánea nos anos 70, e Ruth Matilda en 1926 (aprox), pero a maioría dos edificios poden identificarse practicamente sen ningún cambio.
Pero non vos aburro máis por hoxe, aquí déixovos o texto que un bo amigo de Cándido me remitiu para facerllo chegar, no que se percibe o afecto que lle profesa.

O mércores esperábate e non viñeches,...
As veces as persoas afánanse en figurar en escritos carentes de contido, en aparecer en fotos que pronto esqueceremos, outras, traballan dende o silenzo da discreción lexitimada polo amor a súa cultura, zigzagueando entre pedras, libros, fontes, negativos, postais, negocios con solera, fábricas valeiras, espazos desaparecidos e outros por reduscubrir.
Cargados de quilómetros e historias en standby, mergullados no apaixoante universo da sua amantísima Auria, recordannos un pasado case esquecido e ofrecennos as súas achegas a pe de rúa ou ao abrigo dun café.
 Individúos íntegros que fan cidade.
Sigo esperandote Cándido, non tardes. Vémonos pronto amigo.
Unha aperta.

Esperança não murcha, ela não cansa, também como ela não sucumbe a crença.
Vão-se sonhos nas asas da descrença, voltam sonhos nas asas da esperança.
                                                                                            Augusto dos Anjos. 

No hay comentarios: