Consejos y avisos

Este viernes dia 15 y hasta el dia 8 de enero comienza el periodo navideño en OurensenoTempo y Ovrense. Durante esos días al margen de alguna posible sorpresa, solamente tendréis las publicaciones en el diario La Región (los sábados) y el primer domingo de enero en el suplemento Gente Mayor, así como mi colaboración habitual en el especial Nochebuena.
A TODOS MIS AMIGOS Y LECTORES
FELIZ NAVIDAD

Mail ourensenotempo@hotmail.com

27/11/11

OnT nos medios Ourense por Barrios IX



O CERRAMENTO DA ALAMEDA (Texto Fernando Valcarcel)
             A Estrada de Villacastín a Vigo (hoxe rúa do Progreso), dividiu a actual “Alameda” en dúas partes. A parte de abaixo, era lugar de “paseo”, un espazo para o ocio e o esparcemento, a de arriba (xardíns do Bispo Cesáreo) era unha zona menos lúdica, adicada ao hospedaxe e ao comercio.
            En 1904 proxéctase o cerramento do lugar, esta actuación supón unha continuación ao encargo realizado en 1898  polo Concello de Ourense ao arquitecto D. Manuel Vázquez Martínez (que era así como asinaba os seus traballos D.Daniel Vázquez-Gulías por aquela época), para  organizar a anteriormente coñecida por “Horta do Concello”, que, dende entón, pasará a denominarsa “Alameda”.
            O cerramento consistía nun banco corrido de pedra sobre o que descansa unha barandilla de fundición que remata nos seus extremos por grandes xarróns, produto da industria de D. Manuel Malingre Ludeña, ao igual que, os ornamentos  do veciño palco de  música modernista con extructura de kiosco que sustituiu ao anterior construido en madeira.
            Na actualidade sobrevive boa parte do cerramento da parte baixa da “Alameda” ourensana. Co desmantelamento do da parte superior, produciráse de xetito involuntario un irmanamento con Xinzo, xa que, parte do mesmo foi trasladado ata alí, onde  delimita o perímetro da súa praza maior.


Arquivo visual Ourensán fondo Salgado López
Propiedade Salgado López
Fotografo. afecionado ano 1956
Texto Fernando Valcarcel

No hay comentarios: