Consejos y avisos

Os recomiendo visitar los dos blogs, ya que a partir de ahora los días que haya entrada en www.Ourensenotempo.com no la habrá en http://ovrense.blogspot.com y viceversa.

Mail ourensenotempo@hotmail.com

24/11/11

A min Plin. Que Son de Lalin


Coa que nos está a caer, e o que nos espera; encontrarme con este texto de Don Alberto García Ferreiro, prodúceme certa envexa, e incítame a imitalo non perdendo o sentido do humor.
Descoñezo se a frase como ten acontecido en máis ocasións, é froito da sabedoría popular, ou é ocorrencia do escritor; nesta ocasión inclínome a pensar que o "magin" de don Alberto foi o culpable da rima.
Conta como precedente, co recoñecemento por parte dos coruñeses dun dos ditos que enaltecen á súa cidade.

se me deran d´escoller, qu´escollería, se entrar de noite na Coruña ou no Ceo de día!

A moitos supoño que vos soase mellor se lle cambias o "son de Lalin", por "durmo en Pikolin", pero creo que Don Alberto non é culpable de plaxio, se acaso á inversa.

A Min Plin. Que son de Lalin

Por certo gustaríame que don Alberto García Ferreiro tivese a súa entrada no blog, méritos para iso ten de sobra, pero por desgracia non teño no meu arquivo fotografías que poidan ilustrala, salvo a que a revista Ráigame no seu número 15 (Maio 2002) publicou con motivo do centenario do seu pasamento, nun artigo do profesor Delfín Caseiro
Revisade os vosos arquivos e se encontrades algunha imaxe non dubidedes en enviarma.
Para que poidades recoñecer o personaxe móstrovos a imaxe que publica a revista.
Alberto García Ferreiro

No hay comentarios: