Consejos y avisos

5/10/11

A peza do mes de Outubro

Tedes que desculparme, pero despisteime; esta entrada tería que habela feito onte martes, para que tivésedes tempo de planificalo, pero o descoido foi tal, que a última hora tiven que cambiar a orde das publicacións.

Como vos comentei o mes pasado, para min foi un agradable descubrimento, o acto de presentación da Peza do Mes que organiza o persoal do Museo Arqueolóxico de Ourense. E desde que coñezo da súa existencia, sempre que me é posible asisto a gozar desta actividade.

O feito de tardar tanto en descubrila, aparte de culpabilizarme a min mesmo, achácoo a que non é fácil conseguir que todos os interesados teñan a información precisa. Certo é que nos últimos tempos xurdiron e estanse desenvolvendo novos métodos de publicitar estas actividades, Tempo de Lecer, Mundourense, e algunha paxina web e publicación mais, inténtano, pero aínda así non se consegue chegar a todo o mundo.

En lugar de protestar, creo que vai ser mellor que entre todos e dentro das nosas posibilidades, todos contribuamos a difundir estas actividades. E iso é o que hoxe fago.

Hoxe 5 de Outubro, poderedes descubrir un dos libros que o noso Museo Arqueolóxico, atesoura, "Il Terzo Libro" de Sebastián Serlio. Un tratado de arquitectura imprescindible para os profesionais do século XVIII e ata para os do XIX. Pero mellor que volo explique dona María José Sierra, que é a persoa asignada polo museo para este traballo.
Lembrade hoxe ás 20,00

No hay comentarios: