Consejos y avisos

Os recomiendo visitar los dos blogs, ya que a partir de ahora los días que haya entrada en www.Ourensenotempo.com no la habrá en http://ovrense.blogspot.com y viceversa.

Mail ourensenotempo@hotmail.com

3/10/11

Hernan Cortes (Fernando Valcarcel)

Nova entrega do amigo Fernando, quen espero disculpe que as fotografías non sigan a orde do texto.

 A RÚA HERNÁN CORTÉS


Ás veces para entender o presente, precisamos viaxar cara ao pasado. Coa desapareción da maior parte da toponimia popular da nosa cidade, privousenos de coñecer o “modus vivendi” dos nosos antepasados, e, só algúns vestixios como a praza do Ferro, a rúa Liberdade ou a da Sal, entre outros (non moitos), perfilan no noso rueiro, un pasado case que esquecido.
Atrévome a realizar unha modesta achega sobre a rúa Hernán Cortés, que foi resultado da unión en 1178 de outras catro rúas: a da “Fonte Forcada” ou “Fonte da Arcada”, a de “Pena Vixía”, a de “Tras Palacio” e, a “dos Brancos” ou do “Macelo”.

O noso percorrido comeza na praza de San Cósmede e San Damián cara a praza do Trigo.
No lugar de saida (praza de San Cósmede e San Damián), no século XV atoparíamos a Porta e a Torre da Fonte da Arcada. A torre, tiña un carácter defensivo, e dende ela protexíase a entrada á cidade pola Porta da Arcada, situada ao comezo da actual “Hernán Cortés”.[Están documentadas ata trece destas portas de entrada á cidade , ademáis da mentada, estaban: A Porta da Corredoira (por onde entraban os campesiños procedentes das Caldas); a Porta da Burga (ao comezo da rúa da Burga); a de Cima de Vila (nas cercanías da Praza do Correxidor); a de Outeiro (sobre a ponte que salva o río Barbaña); a porta do Vilar (das máis concorridas, preto da igrexa da Trinidade por onde entraban á cidade gran parte dos produtos da horta e as leiteiras tras longas camiñadas pola estrada vella que unía Ourense e Celanova); a Porta da Aira (nun extremo da actual rúa Julio Prieto Nespereira, por onde entraban as rianxeiras que ían a Ourense dende Seixalbo, Zaín e San Cibrán polo camiño de Bo Nome); a porta do Campo ou Horta do Concello (que presidía a entrada da actual praza Maior); a porta de San Francisco (ao comezo da rúa da Estrella); a porta de Arcedianos (onda a rúa do mesmo nome); porta a Pía da Casca ou Fornos (cercana ao actual parque das Mercedes); a porta da Fonte del Rei (fronte á rúa Cruz Roja) e a Ponte Maior (ou ponte vella)].
Avanzando cara a praza do Trigo, a continuación atopamos a rúa “Fonte de Arcada” ou “Forcada”. Parece ser que esta desparecida fonte tiña un ou varios arcos (unha estructura “arcada”), que, lexitimaba a súa denominación.
A continuación enlazábamos coa rúa “Pena Vixia”. A pena que servía de observatorio para o control do acceso de xentes e mercadorías, cara ao “Palacio Episcopal” (hoxe Museo Arquelóxico Provincial e Arquivo Histórico Provincial), deulle nome á zona onde radicaba. Razóns de seguridade xustifican a existencias nas inmediacións da “Torre dos Brancos” que cumpría o mesmo cometido.
O seguinte tramo conformabao a rúa “Tras Palacio”, que se situaría nas traseiras do Museo Arqueolóxico Provincial (antigo Pazo Epíscopal). O Pazo estaba flanqueado por varias construccións defensivas xa que o bispo ostentaba un poder magno que se instrumentaba na elección do correxidor e outros cargos públicos, o cobro de impostos, a tarefa de lexislar e administrar xustiza,… , o cal suscitaba certas tensións co “vulgo”.
No derradeiro tramo, atopábamos a rúa “dos Brancos” ou “Nocelo”. Alí “operaba” o gremio dos carniceiros. Recibía este nome polos “bancos” onde se colocaba á mercancía obxecto de venda.
Outra acepción de “branco”, aplícase ao color, xunto co marelo e o mouro das reses vacunas, xa que era este gando o máis demandado xunto co ovino, posto que por aquel tempo o porcino consumíase moito menos.
Por “branco” nomeábase tamén un tipo de maravedí (recordar que os carniceiros conformaban un poderoso gremio, xa que, eran uns adiñeirados comerciais e, este poder económico (como hoxe pasa), dotábaos dunha gran consideración social).
Por todo o sinalado, calquera dos tres significados xustificaráin o nome, ainda que os entendidos na materia inclínanse pola primeira das opción que semella a máis lóxica.
Ademáis “nocelo” é sinónimo de “matadeiro”, e temos que recordar que os profesionais soían recibir as reses vivas, dábanlle norte, desfacíanas e vendíanas nos seus establecemnetos.

Para rematar, citar unha frase de Henri Bergson que nos convida á reflexión

"El Presente solo se forma del pasado, y lo que se encuentra en el efecto estaba ya en la causa."

No hay comentarios: