Consejos y avisos

Este viernes dia 15 y hasta el dia 8 de enero comienza el periodo navideño en OurensenoTempo y Ovrense. Durante esos días al margen de alguna posible sorpresa, solamente tendréis las publicaciones en el diario La Región (los sábados) y el primer domingo de enero en el suplemento Gente Mayor, así como mi colaboración habitual en el especial Nochebuena.
A TODOS MIS AMIGOS Y LECTORES
FELIZ NAVIDAD

Mail ourensenotempo@hotmail.com

13/9/11

Que houbese pasado

Ao fío da entrada de onte, estaba intentando facer unha entrada, que mostrase máis escenas marítimas no noso Miño; e atopei esta recreación, que apareceu publicada nun xornal mensual de nova aparición, baixo a cabeceira da Perdiz. Cando chego ás miñas mans o exemplar do xornal, pareceume orixinal a idea, pero non lle dei moitas voltas, ao tema; con todo volver velo, trouxo á miña cabeza uns traballos que lera fai tempo, e aos que non dera a importancia que agora considero que tiñan.

A Navegabilidade do Miño.

Existiron que eu saiba, dous traballos que incluían nas súas recomendacións finais, a necesidade de facer o noso  Miño navegable, polo menos desde a súa desembocadura, ata Ribadavia, pero en ambos os casos insistíase na conveniencia de continuar ata Ourense, e incluso seguir ata a confluencia co Sil.

Pedro Ant. Sánchez
Os caldos de Ovrens, gozaron desde sempre de merecida fama, xa no século XIII o rei Alfonso X o Sabio citábaos nas súas Cantigas de Santa María.

É a partir do século XIV cando o viño do Ribero de parecida calidade e superior produción comeza a ser exportado por toda Europa. Para iso foi fundamental o transporte en balsas polo Miño ata o seu embarque nos portos.
Cando as limitacións dese tipo de transporte, fan decaer as exportacións, e ante a puxante competencia dos viños do Porto. No século XVIII, é cando don Pedro Antonio Sánchez Vaamonde presenta o seu traballo: Representación al inmortal Rey D. Carlos III sobre la navegación del Miño. No que razoa a evidente necesidade de facer esa magna obra, e os innegables beneficios que esta produciría en todo o territorio Ourensán; (aínda que a tempo pasado habería que ver como modificase a economía doutras zonas, xa que propuña aumentar a produción no Ribeiro, e eliminala na costa), pena de Albariño.

Anos despois en 1835, o enxeñeiro Don Francisco Coello, no seu: Proyecto de las líneas generales de navegación y de Ferrocarriles en la Península Española; cifra en 15 millóns de reais o custo da obra, e indica que debería chegar ata a unión do Miño co Sil, insistindo novamente no enormemente beneficioso que seria para o desenvolvemento desta zona da Galicia interior. A titulo anecdótico, pero non sen certa lóxica, comentar que don Francisco suxire a posible modificación de denominación do noso Miño, aludindo ao maior caudal do seu principal afluente o Sil, co que trocarían os papeis pasando o Sil a ser o principal, e o Miño o afluente.

Hoxe imos deixalo nesta exposición de datos, e gárdome os comentarios para outra ocasión. Déixovos o titulo da entrada a modo de exercicio de reflexión.
 "Que houbese pasado"

Bibliografía.
COELLO, Francisco. Proyecto de las líneas generales de navegación y de Ferrocarriles en la Península Española
MEIJIDE PARDO, Antonio. Biografía de Sánchez Vaamonde, ilustre canónigo y catedrático fundador de la biblioteca del Real Consulado
GARCIA CORTES, Carlos. Pedro Antonio Sánchez Vaamonde ( 1749-1806) Un promotor de la ilustración en Galicia.

No hay comentarios: