Consejos y avisos

16/9/11

Peluqueria Linares

Detras da carroza, ainda se ve o cartel da peluqueria, non sei se estaria aberta, xa que a fotografia deixouma Marcial Feijoo, e data dos últimos dos cincoenta, ou primeiros dos sesenta
Cando leades esta entrada, eu espero estar dándolle unha primeira ollada ao libro que o amigo Arturo Vispo, presentaba onte: Crónicas dunha rúa Collage Paz/Zapateiros; nel o primeiro que ei buscar, serán os datos que achegue do gran Rey Custodio, como saberedes un dos Fígaros como el lles chama que tivemos en Ourense, (non sei ben o por que, xa que a parte da profesión, non lles une outra cousa, a non ser que Arturo coa súa retranca galega, queira facer alusión a outra forma de cantar, que non é a vogal precisamente).

O caso é que Rey Custodio, de acordo que deixou a súa marca na cidade, pero sería inxusto non mencionar a outro dos grandes da barbería da nosa cidade, Ramón Fernández Linares.
"Linares" creo que xa o mencione nalgunha ocasión, tiña a súa barbería na rúa Progreso, xusto enfronte da actual Deputación, daquelas Goberno Civil, como podedes ver no anuncio publicitario que acompaña esta entrada. (ata hai pouco alí tivo tamén a súa tenda o meu veciño Antonio de "El Aguila", hoxe sinceramente non sei se está aberto ou non o local, fixareime).
A situación estratéxica da barbería, e a segundo contan agradable forma de ser, de don Ramón, (se cadra o seu estado civil de viúvo, polo menos desde 1918, tamén lle facilitaba confraternizar cos seus interlocutores) fixo que o seu local fose un dos lugares máis frecuentados no primeiro cuarto do século XX, (aprox. debeu de chegar a Ourense do seu Chantada natal o ano 1912, e o último dato que atopei del é dos 40; tamén descoñezo se o seu fillo Adolfo continuo ca Peluqueria, pero seguro que algun de vos pode darme mais datos), frecuentado, pero non só para gozar dos seus servizos de barbería, senón tamén para decatarse das noticias que circulaban polas altas esferas da cidade, Alcalde, Gobernador, Presidente da Audiencia, o pleno das autoridades sentaban naquelas cadeiras de brazos, e de paso como aínda ocorre hoxe en día falábase. Días había en que o faladoiro duraba máis que o horario laboral. Aínda por riba, xa con esas fontes de información, a súa proximidade á fonda dos Cuanda, (anos máis tarde Hotel Roma), e á fonda da Isidora, facían que os transeúntes con noticias de fóra da cidade, tamén recalasen frecuentemente no local.

Deixarémolo por hoxe, que estou desexando seguir co libro; xa seguiremos falando de Linares. Por certo prometeume outro amigo, Jorge Cachaldora deixarme un libro do que eu non tiña noticias, e fala precisamente dos Fígaros Ourensáns, a ver se se acorda e préstamo.

No hay comentarios: