Consejos y avisos

20/9/11

O mestre de José Pacheco?

 Anv e Rev: Retrato de sacerdote não identificado. Década de 1870 Tomás de Aquino Pacheco, Albumina Carte-de-visite Coleccão Alexandre Ramires. MSI-AA-F0924

Sabedes que adoito aproveitarme, do feito de ser un simple afeccionado, pra emitir teorías, das que preciso datos pra súa confirmación.
Hoxe é unha desas ocasións, nas que preciso axuda, para avanzar na investigación e por iso vouvos a dar uns poucos datos, que todo ai que dicilo por aquilo de ser agradecido, débolle á nosa concelleira de cultura Dona Isabel Pérez. Nunha das reunións que mantén cos representantes da nosa vila irmá de Vila Real, mostráronlle unha exposición fotográfica, que organizou o Museu do Som e dá Imagem da cidade (outro día falaremos do tema: para cando en Ourense algo parecido?), na que figuraba esta fotografía que vos mostro e que a ela lle chamou a atención, sorte que teño de que a máis xente gústelle a fotografía antiga.
Bo vaiamos ao tema, como vedes a fotografía a firma T.A. Pacheco. A propia Isabel, tivo a amabilidade de conseguirme un catalogo da exposición, e nel aparecen máis datos.

Supoño que a estas alturas, xa vos destes conta de que a miña intención é comprobar se este Tomas de Aquino Pacheco, que en 1873 no diario O Transmontano anunciaba o seu estudo na rúa de Santo Antonio n 29 de Vila Real, ten algunha relación co noso José Pacheco.

Polas datas, podería ser un tío do noso José (o pai queda descartado, xa que grazas a Esther Pacheco, sabemos que  chamabase Lourenço), e realmente Freixo dá Espada non esta tan lonxe de Vila Real, aprox. uns 150 Km. Tamén é certo que en Portugal o apelido Pacheco é bastante común. Pero tamén é certo que sería moita casualidade que naqueles anos dos comezos da fotografía (penso que máis ou menos 20 anos non é moito, neste tema), dous Pacheco sen relación dedicásense á nova arte en zonas de non un excesivo poboamento.
Gustaríame pensar, que se podería chegar a descubrir que Don José aprendese a técnica co seu parente, e ante as escasas posibilidades de desenvolvemento na súa zona, decidise abrir novos mercados, trasladándose á nosa cidade.

Haberá que esperar, a obter máis datos.

Que non vos confundan as marcas de auga A. Ramires, púxenllas eu, porque non puiden contactar aínda co propietario da fotografía, e sabedes que non me gusta que se poidan utilizar sen permiso do propietario, ou polo menos citalo.

No hay comentarios: