Consejos y avisos

Os recomiendo visitar los dos blogs, ya que a partir de ahora los días que haya entrada en www.Ourensenotempo.com no la habrá en http://ovrense.blogspot.com y viceversa.

Mail ourensenotempo@hotmail.com

5/9/11

Curros Enríquez (Fernando Valcarcel)

Ano 1916 Eduardo Blanco Amor posando apoiado no monolito adicado a Curros

Empezan a ser costume as entradas enviadas polo amigo Fernando Valcarcel, e publicamente agradezollo; ogalla algún mais se animara a colaborar de xeito habitual, sodos moitos os que me enviades fotografías, pero textos vexo que vos da mais medo, e non ten por que ser así, eu no que poda estou disposto a colaborar, animadevos. 
Aquí tedes a entrada de Fernando  
O MONOLITO E A RÚA

(OU A MERECIDA HOMENAXE A CURROS ENRÍQUEZ)

En 1880, trala publicación de “Aires da miña terra , o bispo de Ourense firma un edicto condenando o libro por conter “proposiciones heréticas, blasfemas, escandalosas, y algunas que merecen otra censura”. Secruestáronse os exemplares en poder do editor e destruíronse os moldes. Curros Enriquez foi procesado, condeado en Ourense e absolto na Coruña, consecuencia delo, perde o traballo na cidade da Burgas,e ten que marchar a Madrid.

Non será ata 1913, cinco anos despois da súa morte en La Habana, cando a nosa cidade lle rinda merecida homenaxe coa colocación dun monolito “in memorian” na marxe ourensá do Miño, ao pé da ponte maior. O acto estivo amparado polas poetisas Sofía Casanova e Filomena Dato,e, os literatos Antonio Rey Soto, Ramón Fernández Mato e Eugenio López Aydillo, entre outros. Nada se sabe do destiño do bloque de pedra tallado polo canteiro López, que, coma a farola dos xardíns das Burgas, as vellas placas sinalizadoras das rúas, as cartelas anunciadoras, ou o empedrado da praza das Merdedes, pezas do noso patrimonio disipáronse entre o tempo e no olvido.

En xuño de 1925, prodúcese a “reconciliación” do poeta celanovense con Ourense nun acto de recoñecemento público celebrado no teatro Principal. Dende esta data, a céntrica rúa que dende 1918 se denominou Avda de Wilson, na zona do “Ensanche”, que discurre entre a actual rúa do Paseo e a Ponte Nova pasara a chamarse rúa de Manuel Curros Enríquez.

Para ilustrar esta entrada optei pola foto do monolito na que posa apoiado o noso ilustre veciño Eduardo Blanco Amor, dado a singularidade da imaxe, fronte ás múltiples e variadas perpectivas que este blog nos amosa da rúa antes mentada.

No hay comentarios: