Consejos y avisos

2/9/11

Corrixindo un erro

Os cadros que acompañan esta entrada modifiqueinos de xeito informatico, dandolle un tratamento fotografico de envellecido, paga a pena intentar ollar os orixinais.
O mes pasado, tiven a fortuna, de poder ofrecervos unha entrada escrita polo profesor Xabier Limia Gardón, que nos falaba de Don Vicente Risco; e por descoñecemento, tiven un erro. O facer a referencia o seu blog, fixen o enlace o blog que por cuestions laborais, mantén xunto con outros compañeiros do colexio Maristas.
De xeito persoal, o profesor e critico de arte Xabier Limia, agasallanos con este blog, Fai clik, asegurovos que vos vai gustar. (Tedes tamén un enlace fixo o seu blog "Do gran ó pan" na barra lateral deste blog)

Aproveitando as visitas que dende que o coñezo, fago o seu blog; estou a descubrir artistas que pola miña torpeza, descoñecia; e de certo que o sinto. Procurarei estar mais atento.
Ese e o caso do fantastico Manuel Vidal, do que vos mostro unha adaptación (chapucera das miñas) da súa Praza do Ferro. Non vos mostro os orixinais, pra dalgun xeito obligarvos a indagar na sua obra. O mesmo que fago cas outras duas dun estilo semellante, pero que a mín "encantanme".

Pra que me coñezades un pouco mellor; comentareivos que nos temas artisticos, somentes me atrevo a facer comentarios personais, e acepto todalas opinions. Os meus comentarios son tan sinxelos como: Gustame, non me gusta; e nalguns casos como o destes artistas que vos mostro hoxe "encantanme".
Pra ver a obra de Pannini teredes que visitar o Louvre, e os outros buscalos en exposicions, (de Antonio Lopez, tedes estes días ata o 25 unha exposición no Thyssen de Madrid, e, de Manuel Vidal terei que investigar pero cando o sepa direivolo).

Remato pedindo novamente disculpas o profesor, e adiantandovos, que se comprometeu a facer mais colaboracions co blog. Os poucos grazas os colaboradores ira collendo calidade.  Grazas

No hay comentarios: