Consejos y avisos

Este viernes dia 15 y hasta el dia 8 de enero comienza el periodo navideño en OurensenoTempo y Ovrense. Durante esos días al margen de alguna posible sorpresa, solamente tendréis las publicaciones en el diario La Región (los sábados) y el primer domingo de enero en el suplemento Gente Mayor, así como mi colaboración habitual en el especial Nochebuena.
A TODOS MIS AMIGOS Y LECTORES
FELIZ NAVIDAD

Mail ourensenotempo@hotmail.com

11/8/11

"Ó Foplas", Don José Rodriguez Bouzo


As fotografías que ilustran esta entrada, son cedidas pola comunidade do Divino Maestro, e feitas por don José nos anos setenta.
 
Sirva de recordo para o fotógrafo Foplás o texto que publicou La Región o pasado 09.08.11, escrito polo amigo Xosé Lois Carrión, membro tamén do Arquivo Visual Ourensán. Todos/as os/as que formamos parte do aVo mandamos unha agarimosa aperta á viúva e demais familiares e amigos/as:
"Sen ruído, sen querer molestar decidiches iniciar a túa derradeira viaxe, unha viaxe que todos/as imos ter que facer.
Comentáchesme máis dunha vez que aprenderas o oficio xunto con don Leopoldo Iglesias López (iniciador da saga Villar Foto) e foi ese oficio que che axudou a ganar uns cartiños na túa estadía en terras venezolanas. Ao teu regreso, xunto aos teus irmáns, iniciaches negocios inmobiliarios.
Loxicamente, a arte de obter imaxes grazas á luz seguiu estando presente na túa vida, cun establecemento que ao mellor alguén non coñece. Ao mellor a alguén tampouco lle soa a túa cara, pero o que si é seguro que todo o mundo sabía o teu slogan, o que che fixo súper popular: “¿A dónde vas? A Foplás, frente a Correos”.
Coido que chegados a estas liñas xa o/a lector/a sabe que me estou a referir a Pepe Foplás, quen para o seu DNI foi José Rodríguez Bouzo.
O Foplás, hai que recoñecelo, tiña un pronto moi rápido pero tamén un bo corazón, un corazón que aguantou mil e unha na súa vida, ademais da morte dos pais, de dous irmáns, parentes, amigos…, un corazón que cando hai uns poucos meses tivo que padecer xunto coa súa dona Lula o pasamento da filla Yoli sufriu un serio revés. “E eu que fago agora!”,comentoume repetidas veces dende entón.
Aínda que seguiu coa súa vida habitual –partida na cafetaría “Alameda”, un par de viños polas tardes, paseos pola Alameda, curtas estadías coa  familia n’A Toxa…, Pepe non foi quen de asumir a marabillosa letra de Eric Clapton “Tears in heaven” (Bágoas no ceo), cantiga escrita logo da morte do seu fillo:
“…debo ser forte e seguir adiante /
porque sei que o meu lugar non está eiquí no ceo…”.
Pepe Foplás marchou, marchou tranquilo como crente a xuntarse cos seus, a facer a fotografía da súa vida.
Unha aperta para Lula, Aurora, Ovidio, Chicho e Anuncia, e para os/as demais.

No hay comentarios: