Consejos y avisos

Os recomiendo visitar los dos blogs, ya que a partir de ahora los días que haya entrada en www.Ourensenotempo.com no la habrá en http://ovrense.blogspot.com y viceversa.

Mail ourensenotempo@hotmail.com

21/8/11

No arqueoloxico o martes 23

Recibin o xoves o mail que vos mostro abaixo, e sinto que non me foi posible facer a entrada con anterioridade, pero xa sabedes que estes días non tiña a man as miñas armas tecnoloxicas.
O caso e que coido que seria interesante, que o martes todos os que poidades vaiades o Arqueoloxico pra disfrutar do espectaculo, que xa de por si paga a pena; pero e que a maiores penso que e un xeito de demostrar a añoranza que na cidade temos dos nosos recintos culturais, que por unha u outra razón levamos tempo "escasos" deles.  (e sabedes que non falo somentes do Arqueoloxico; o día que estean todos activos....).
Este e o mail:

"Espazos Sonoros conta de novo co Museo Arqueolóxico para achegar unha nova proposta musical e promocionar o noso patrimonio.
Deste xeito A Compañía Autónoma Dromosofista presenta: O cubo libre. Teatro musical, mimo e teatro de obxectos.
Catro personaxes arredor dun cubo negro transfórmanse nunha espiral de imaxes surrealistas e poéticas, acompañadas de música ao vivo.
No Museo Arqueolóxico de Ourense (Praza Maior) o martes 23 de agosto as 20 h.
Entrada libre.
Máis información sobre A Compañía Autónoma Dromosofista en: http://www.myspace.com/elcubolibre

http://www.musarqourense.xunta.es/ "

Xa sabedes si podedes vemonos alí.

No hay comentarios: