Consejos y avisos

26/8/11

Baixada a Praza de Abastos

Entre debuxos e anuncios publicitarios, ainda non pusera ninguha fotografia nesta nova etapa; e non sera precisamente por falta delas; o caso e que de tanto ver prensa doutros tempos, na que na maioria ainda non se puñan imaxes, as miñas ideas de entradas vanse por outros derroteiros.
De todolos xeitos basta revisar o meu arquivo, pra coller ideas. 
Hoxe mostrovos esta, das que conseguiu o amigo Javier Torres, (que por certo ollando a sua carpeta, vexo que co material que xa ten, podese facer unha fermosisima exposición; habera que esperar a que pase a que temos entre mans no AvO).
Como xa vos dixen nalgunha entrada, a praza de abastos foi inaugurada no ano 35, e dende o primeiro momento convirtiuse nun polo de atracción pra toda a cidade; a sua centrica ubicación e a amplitude de espazos, fixo que moitos dos profesionais que tiñan os seus negocios (Carnicerías, pescaderias, etc) espallados pola cidade, se trasladaran a este novo centro, ou nalgun caso abriran unha "sucursal" nel, o rianxo vivia os seus millores momentos, e as mesas da barronca xa non daban pra mais.
Co tempo foron aumentando as necesidades de espazo, e a zona do muro da ponte da Burga, foi a primeira en "colonizarse", alí se instalou o Mariano, ca primeira e que eu saiba a unica tenda de ultramarinos da Praza, (da que ainda lembro os olores de especias e bacallao que emanaba), o seu carón o Carrillo, ca suas pezas de carne de primeirisima calidade, o posto Regulador, a Lolita etc, ata chegar ata abaixo pouco a pouco, co cal acabouse tamen o espazo pra mais negocios.
Ese e o momento da fotografía que vos mostro hoxe, a comezos dos sesenta (mais ou menos, non atopei a data exacta), ofreciase o muro da Alameda, pra abrir novos locales comerciales, os maioristas de froitas foron os mais interesados, pero houbo un pouco de todo, bares, ferreterias, tendas de baratijas etc; hoxe unha tenda de cociñas de diseño, tenda de mascotas... en fin os tempos cambian e os negocios tamén.
Ahora andamos a espera da remodelación que volva convertir a nosa Praza no polo de atracción que foi; deseo que acerten os que teñen que tomas as decisions sera beneficioso pra todos. Non Sí?.

No hay comentarios: