Consejos y avisos

Llega la Semana Santa y con ella un nuevo periodo de descanso en los blogs OVRENSE y Ourensenotempo. Sera desde el viernes 7 hasta el jueves 20. Disfrutad de estos dias, y si no vais a viajar aprovechad para descubrir "nuevos" rincones de nuestro Ourense.

Os recomiendo visitar los dos blogs, ya que a partir de ahora los días que haya entrada en www.Ourensenotempo.com no la habrá en http://ovrense.blogspot.com y viceversa.

Mail ourensenotempo@hotmail.com

31/8/11

O Roma e Canedo

Que tera que ver o meu añorado Hotel Roma, e a fermosa estación de Canedo?.
Sin pensalo moito, un hotel e unha estación, teñen en común os viaxeiros, de feito entre o Roma e a vella estación de Canedo, chegou esistir incluso un servizo de "coches", que se encargaban de transportar os clientes, e os seus equipaxes. Vou aproveitar pra facer eiqui un comentario; según contaronme, nos era extrano que os viaxeiros o chegar a estación, decidiran que os mozos cargaran o equipaxe no coche, i eles marchar andando cara o hotel, o paseo incluia a Ponte vella, e a posibilidade de estirar as pernas logo dun tortuoso viaxe.
Volvendo o tema, atopei outra coincidencia, revolvendo nos vellos diarios; que ralaciona os servizos de cociña dos dous "negocios"; o ano 1917 o matrimonio Arias e o seu fillo Leandro, eran os arrendatarios do "restaurant" do ferrocarril, e alcanzaron grande sona grazas a calidade das suas paellas, que o mesmo eran degustadas na estación cando a parada permitiao (normalmente pra os transbordos), ou levabanse no tren pra comelas de camiño. Houbo unha epoca, (que os amigos de carrileiros o confirmen), na que os viaxeiros de primeira clase, pedian a carta, os seus menus, estes transmitianse a estacion, e o chegar alí, tiñan todo disposto, supoño que pra embarcar no tren e seguir camiño.
Os Arias eran o mesmo tempo, os responsables da cociña do Roma, famoso precisamente pola calidade dos seus pratos, de feito a gran maioria das celebracions, bodas, bautizos, recepcions de personalidades etc, daqueles anos eran servidas no Roma.

No exemplar de Vida Gallega do 31 de marzo do 1917, sae unha fotografia do matrimonio Arias e o seu fillo Leandro, diante da estación de Canedo, cando consiga unha copia ca minima calidade ensinareivola .

30/8/11

O Estadium do Couto

Fotografia do ano 1958 cedida por Luis Glez Iglesias (pai de Miguel Angel portero do Real Madrid
 Non estaba prevista esta entrada pra hoxe, pero fagoa con gusto, pra agradecerlle o amigo Fernando Valcarcel, as suas colaboracions, e achegas de datos tan necesarias pra mín. Nestes días dedicou tempo a revisar o blog, e atopou algunha das miñas dubidas, e supoño que moitos dos meus erros. (xa os iremos corrixindo). 

Os Relampagos do Couto Fotografia cedida por Andres Iglesias
 Poñovos o mail tal e como mo enviou, e logo unha pequena aclaración da miña colleita.

O estadio do Couto

Estimado Rafael, repasando as entradas antigas do blog, atopo unha foto dun partido entre dúas entidades bancarias, o Banco Pastor e a Banca Simeón Pra ver a entrada orixinal fai clic , nos anos 30 celebrado no Estadio do Couto, valéndote da data , dubidas en relación ao lugar de celebración de tan magno acontecemento deportivo e comentas que pode ser que se celbrara no “Campo da Lonia”, aspecto que hoxe se revela como incerto.
Esa mesma tarde, curioseando na rede, atopo o seguinte dato que reproduzo de xeito literal: “La inauguración del Estadio del Couto tuvo lugar en el año 1949 con un partido entre la extinta U.D.Orensana y el Rácing de Ferrol, partido que finalizó con empate a dos”. De novo incerto.

A continuación resolveremos as posibles dúbidas con respecto a este aspecto de importancia relativa para min, que, non me gusta demasiado o futbol .
Podemos afirmar de xeito rotundo dende a rigurosidade que o 1 de abril de 1928, se inaugurou o “Estadium do Couto”.
Ese mesmo día, no diario “La Región” figuraba o titular “El Campo del Burgas F.C”, a explicación débese a que a Sociedade Deportiva Burgas F.C, presidida por D. Víctor Pemán Fernández, remataba a comezos do ano 28 no barrio do Couto a construcción do campo de deportes onde xogaría como “local”, deste xeito, o xornal, publicitaba o partido inaugural que entfrontaría ao Burgas F.C co ”Club Vianense ás 15.30 horas (curioso horario).
O Reverendísimo prelado da Diocese bendiciu o acto, e, posteriormente actuou a Banda Municipal de música.
Ogalla todas as nosas dúbidas (as miñas son innumerables), tivesen tan bo arranxo.
O meu amigo Andres Pereiro co seu caliqueño "campando" no estadio nos anos 60 

Aproveitando os datos de Fernando, e sumandolle outros que co tempo foron aparecendo, (certo e que a confirmación non e sinxela, a ver si o blog amigo barbadasbase.blogspot.com bota unha man), vanse aclarando os temas.
O estadio que se inaugurou o ano 28, Estadium do Couto, ou campo Burgas, foi o antecedente do actual, si ben estaba ubicado un pouco mais cara a vella carretera de Madrid, o seu peche era de madeira, e nos alrededores habia daquelas arboles frutales que permitian ver os partidos sin pagar a entrada, e si acaso merendar de gratis. Penso que xa falei algunha vez do detalle, que as veces os espectadores desta grada improvisada, co seu peso rompian a rama e os servizos sanitarios do clube tiñan que acudir prestos a atender os feridos.
Logo no 52 fixose o actual, e co tempo foi adquirindo o estado actual cas gradas de tribuna preferencia, e a de fondo que se foron facendo segun as necesidades e "posibilidades".
Aproveitando estes datos do amigo Fernando recuperei tamen a fotografia do equipo dos Relampagos do Couto, que no seu día penso que quedou un pouco pobre. Eiqui vos deixo os datos que acompañaban daquelas a fotografia.
 Aquí temos a outros dos que xogaban cun ladrillo se facía falta, coñeceron o campo Loña, tamén o "Burgas" (solar vivendas caixa de aforros no Couto), e por fin o "Jose Antonio" (actual, chamouse asi moitos anos), posiblemente fosen a base do "Sporting Couto", que deu lugar ao "Atlético Orense".

29/8/11

Personaxes da cidade

Fotografía do fondo Javier Torres
Na entrada do venres, comentábavos que unha posible exposición do Arquivo visual Ourensán, podería perfectamente versar sobre os personaxes da cidade.

Facela se ao final é posible, levara o seu tempo; e diante ten algún que outro proxecto. O certo é que facela entre un grupo pequeno de persoas, é complicado e laborioso, sobre todo no que respecta a consecución de fotografías, e o que é máis complexo de xeito habitual, documentalas.
En previsión de futuro, pensei en ir adiantando traballo, pero sempre que conte coa vosa axuda.

A idea é que entre todos vaiamos achegando datos, anécdotas e fotos os que as teñades, sobre estes personaxes. Desde o meu punto de vista, poderíanse incluír a todos os que dun xeito ou outra, foron coñecidos pola maior parte dos Ourensáns, ou o que é o mesmo "sentar á mesma mesa", a persoas como Don Ramón, Toniño, Álvarez de Novoa, Xan dá Cova, Arturo Noguerol, Fraín, Heraclio Pérez Placer, Paco Madrid, Cuevillas, Jaunsaras, Franchutit etc. Pero ata ese detalle necesitaría das vosas opinións.

Hoxe como exemplo, póñovos unha fotografía dun dos máis coñecidos, o gran Toniño, do cal aínda hoxe recórdase o famoso ¡Hala Marcial, chulo, valiente! (corrección do amigo Pastor Fabrega). e o seu paseo documentado gráficamente en Sidecar polo estadio do Couto conducido polo seu ídolo Marcial Feijoo.

Anécdotas deste tipo sería interesante recuperalas, así como identificar aos seus protagonistas; entre as fotografías do AvO, temos as de moitos deles, pero falta en moitos casos unha identificación fidedigna, O Cego, A Bruxa, Os Pandegos, O Peixe, Venturiña, etc. que coa vosa axuda é posible que puidesen conservarse na memoria popular.

Animarvos e dádeme as vosas opinións sobre idéaa vía mail.

28/8/11

Desta vez en San Clodio cos Espazos Sonoros

O martes pasado recomendeivos que asistirades a actuación que o grupo Cubo Libre facia no fantastico marco do noso añorado Museo Arqueoloxico; por fortuna puiden asistir, e quedei encantado polo bo traballo que disfrutei.
Fannos agora outra oferta semellante, pero cambia o marco, e o espectaculo, calquera dos dous nos vos vai defraudar. Do marco facilitovos esta imaxen, pra que comparedes o estado, que tiña no ano 1954, data da fotografía (do fondo de Pastor Fabrega no aVo e feita polo seu pai tamen Pastor), co actual, evidentemente millor, ainda que con un uso diferente pra o que foi proxectado, pero alo menos cunha conservación fantastica. Do espectaculo non podo decirvos nada, pero vendo o curriculum do grupo, penso que vaivos gustar. Musica medieval en San Clodio, pode ser unha maravilla. 
Eiqui vos deixo os datos que me facilitan desde a organización.

Lembrade, a cita e o venres día dous de setembro as 20,00, no Mosteiro de San Clodio (entrada gratuita)

MALANDANÇA 
"Desde a súa creación no ano 2000, o grupo Malandança, baixo a dirección do violagambista Francisco Luengo, converteuse nun dos grupos de referencia galegos en interpretación de música medieval, xunto co desaparecido Grupo de Cámara Universitario, ou os grupos Martín Códax e Resonet, e soubo facerse un oco no mundo da música antiga, cun estilo diferente, fresco e con personalidade propia.
Mya Senhor velida reúne unha serie de composicións marianas dos séculos XII e XIII, cantigas e lais procedentes dos dous centros principais da lírica medieval, Galicia e Francia, que participan da nova idea introducida pola poesía trobadoresca, a do amor cortés, nas súas dúas facetas, a profana e a divina, representación do carnal e o místico, respectivamente.
Se no terreo do carnal é unha elevada dama a que fai penar o poeta, os aspectos místicos do amor cortés enxalzan a imaxe da aínda máis elevada Virxe María.
Cantigas de Afonso X e danzas anónimas, xunto ao Lai de Notre Dame de Ernoul “le Vieux”, conforman o corpus musical deste suxestivo programa."

Venres dous de setembro 20,00 no Mosteiro de San Clodio

27/8/11

OnT nos medios (Ourense por Barrios VI)

As rianxeiras na praza da Fonte dos Coiros (San Marcial) aprox. 1931
As Rianxeiras

As “Rianxeiras” cultivaban nas hortas próximas á capital leitugas, pementos, cebolas, tomates, ovos (que baixaban nos cestos entre pallas para evitar que escachasen), berzas, guisantes, ceboletas, zenouras, mazás, cereixas, pavías e outras froitas de tempada, patacas, repolo, xudías, tirabeques, flores,…, que venden no mercado. Ademaís algunas comerciaban con unto e licores, dos que incluso se privaban elas mesmas en tempos de necesidade.
O “Rianxo” portábase en cestos, bandexas e culeiros, que se pousaban sobre unha rolla colocada entre a cabeza da muller e o propio cesto. Saían dende lugares sitos no perímetro rural como Seixalvo, A Valenzá, Ceboliño, Mende, Zaín, San Cibrao, Cudeiro ou Reza,…, cara a Ourense de madrugada, e, a pe, ate a chegada do autobús urbano.
Algunhas “Rianxeiras” acudían a outras vilas para vender nas feiras no “carrito”, que agardaban na actual rúa Doutor Fleming
Elas constitúen o máis claro exemplo da muller galega, traballadora e nai, motor económico de tantas e tantas familias do rural, e poñen nome e apelido ao esforzo da muller.

Arquivo Visual Ourensan Colección Rellev
Fotografo: Supostamente J. Codina Torras
Texto Fernando Valcarcel.
Ano da foto: Circa 1931

26/8/11

Baixada a Praza de Abastos

Entre debuxos e anuncios publicitarios, ainda non pusera ninguha fotografia nesta nova etapa; e non sera precisamente por falta delas; o caso e que de tanto ver prensa doutros tempos, na que na maioria ainda non se puñan imaxes, as miñas ideas de entradas vanse por outros derroteiros.
De todolos xeitos basta revisar o meu arquivo, pra coller ideas. 
Hoxe mostrovos esta, das que conseguiu o amigo Javier Torres, (que por certo ollando a sua carpeta, vexo que co material que xa ten, podese facer unha fermosisima exposición; habera que esperar a que pase a que temos entre mans no AvO).
Como xa vos dixen nalgunha entrada, a praza de abastos foi inaugurada no ano 35, e dende o primeiro momento convirtiuse nun polo de atracción pra toda a cidade; a sua centrica ubicación e a amplitude de espazos, fixo que moitos dos profesionais que tiñan os seus negocios (Carnicerías, pescaderias, etc) espallados pola cidade, se trasladaran a este novo centro, ou nalgun caso abriran unha "sucursal" nel, o rianxo vivia os seus millores momentos, e as mesas da barronca xa non daban pra mais.
Co tempo foron aumentando as necesidades de espazo, e a zona do muro da ponte da Burga, foi a primeira en "colonizarse", alí se instalou o Mariano, ca primeira e que eu saiba a unica tenda de ultramarinos da Praza, (da que ainda lembro os olores de especias e bacallao que emanaba), o seu carón o Carrillo, ca suas pezas de carne de primeirisima calidade, o posto Regulador, a Lolita etc, ata chegar ata abaixo pouco a pouco, co cal acabouse tamen o espazo pra mais negocios.
Ese e o momento da fotografía que vos mostro hoxe, a comezos dos sesenta (mais ou menos, non atopei a data exacta), ofreciase o muro da Alameda, pra abrir novos locales comerciales, os maioristas de froitas foron os mais interesados, pero houbo un pouco de todo, bares, ferreterias, tendas de baratijas etc; hoxe unha tenda de cociñas de diseño, tenda de mascotas... en fin os tempos cambian e os negocios tamén.
Ahora andamos a espera da remodelación que volva convertir a nosa Praza no polo de atracción que foi; deseo que acerten os que teñen que tomas as decisions sera beneficioso pra todos. Non Sí?.

25/8/11

A casa de Ernesto

Entre los regalos que me enviaron mis amigos este verano, figura este dibujo aparentemente carente de valor; pero creo no equivocarme, al decir que a uno de mis amigos le encantara verlo; además, conociéndolo es posible que le saque alguna lagrimita, al fin y al cabo mi amigo Ernesto Ferro es una persona muy sensible y volver a ver su casa aunque sea en un dibujo, seguro que le evoca recuerdos de esos que no se sabe si son felices o dolorosos, porque tratan de personas y cosas que ya no están.

Resumiendo, este mal redactado comienzo, lo que quiere decir, es que le dedico esta entrada a mi amigo Ernesto Ferro, un chaval de 80 y….. al que le tengo un gran afecto, y al que envidio su espectacular memoria.

El dibujo en cuestión obra de un buen arquitecto*, fue realizado en el año 1960, y representa la parte trasera de la casa que ocupaba lo que hoy conocemos como Plaza de Paz Novoa; aproximadamente en lo que hoy es el centro de la plaza, estaba la casa, taller y finca de los Ferro Boo, gente trabajadora y habilidosa que se dedicaban al "cuasi" arte de la ebanistería, ocupación principal tambien de Ernesto, entre las muchas que le conozco, (actor, poeta, etc).

Recuerda Ernesto, a prácticamente la totalidad de sus vecinos, que no eran otros que los habitantes de las casas del paseo, y la antigua Capitán Eloy, hoy Concordia, la mayoría de ellos clientes y amigos. También habla de un privilegio que en aquellos tiempos no era tal, pero hoy en día muchos echamos de menos, el cual era la posibilidad de tener un huerto en medio de la ciudad del que nutrirse con frecuencia de sus frutos de inmejorable calidad; tengo que preguntarle si disfrutaban también de la compañía de algún ave ponedora, lo cual ya sería un lujo asiático, al mismo tiempo que un agradable despertador, me refiero lógicamente al chulo de las aves, que de existir a buen seguro que alguna mañana festiva inspiro ideas caníbales a los convecinos.
Viendo este dibujo, intento componer esa zona, imaginando como seria vivir en un caseron en el medio de esa plaza, y desde luego que me encantaria; pero según se asienta la idea en mi cabeza, intentando llevarlo a la realidad, me doy cuenta de que no es lo que yo pienso. A la finca no se accederia por unas escaleras, y una rampa como actualmente, ni siquiera se haria desde el Paseo del Sr. Trompeta, (cuando el abuelo de Ernesto llego a la ciudad, no se habia abierto la calle), el acceso era por un estrecho camino que partia de la calle de Santo Domingo, de aquellas Barrio Novo y remataba en el almacen de la Sal de la carretera Vigo-Villacastín (aproximadamente Progreso esquina Juan XXIII), con lo cual tampoco tendria a mano la populosa calle Juan XXIII, en aquellos años huertos y viñas, que incluso requirieron la construcción de pequeños "casetos" para los trabajadores del campo (en la ciudad, ¡que bien suena!), que con los años se convirtieron en Club de Tenis y hoy edificio de 9 alturas (Iscar) en la esquina de la Habana.....

Voy a dejarlo aquí, para no terminar haciendo una descripción general del Ourense de mediados del siglo XIX, que mi cabeza es a lo que me lleva. Si no me equivoco en estos días me facilitaran un pequeño cuadro al oleo que muestra esta misma casa por su fachada, y con ella continuare hablando de esta zona en aquellos años.    

*El asterisco al lado de Arquitecto, es para que no empecéis a criticar la calidad del dibujo atribuido a un profesional; tendréis que saber que de aquellas Florentino Moretón (el autor), contaba con la “turbulenta” edad de 13 años, con lo cual creo que coincidiréis conmigo en que ya apuntaba maneras el caballero. Aprovecho para dar las gracias al amigo Floro; es un placer contar con su colaboración, aunque sea desde la distancia.De hecho la entrada es en castellano, para hacerle a el mas comoda la lectura, aunque sigue conociendo el Gallego, su larga estancia lejos de la tierra le ha hecho perder un poco la practica.

24/8/11

O libro de Arturo

Os anuncios foron extraidos do diario El Derecho en diversos exemplares do ano 1892, conservados no Mosteiro de Poio. (grazas de novo o Padre Jeronimo pola sua paciencia)

Durante estes pasados días de escasas entradas, adiántevos que proximamente, (se non hai ningún problema, o 15 de Setembro), o amigo Arturo Vispo, presentara o seu novo traballo.
Descoñezo de momento o titulo, e prefíroo así; por aquilo do suspense. O que sé se, é que trata de xeito exhaustivo a cronica dunha das nosas rúas, A rúa da Paz.
Coñecendo a Arturo e a rigorosidade do seu traballo, dou por feito de que a partir da súa publicación, pasase a ser un dos principais textos de consulta, para o desenvolvemento deste blog.
Na medida das miñas posibilidades, intentei colaborar, pero como era de esperar a gran maioría dos datos que eu puiden achegar, xa eran coñecidos por el; as diferentes denominacións da rúa, os personaxes ilustres que nela naceron e ou viviron, os negocios alí establecidos, en fin todo o digno de apuntar, xa esta trillado polo autor.
De todos os xeitos, nas visitas que a miña irmá está realizando ao convento de Poio, xurdiron algúns datos, que por problemas de tempo, (loxicamente o libro xa entro en imprenta), non puideron ser incluídos no texto, e tamén é certo que a súa importancia non xustificaba un atraso. Por iso, para que empecedes a entrar en situación e resúltevos máis apracible a espera, intentarei facilitarvos eses datos, que vós mesmos poderedes situar posteriormente no libro.

Hoxe como introdución, móstrovos dous anuncios publicitarios dun dos negocios máis populares das rúa; a Barbería de Rei Custodio.
O gremio de perruqueiros na cidade contou sempre con personaxes de gran personalidade, nomes como, Maruska, Marujita Seoane, Quica, Claudio, Jorge Cachaldora, Paco Galego etc, son os que coñecemos todos os da miña xeración; (con algún manteño relación de amizade); eles son a continuación dun grupo de profesionais que marcaron toda unha época na cidade; época na que os faladoiros de barbería e rebotica resultaban o mellor medio de información local ao mesmo tempo que exercían dalgún xeito de centros de cultura, en función dos personaxes que conformasen o faladoiro.
Falo de locais como a barbería de Linares, en fronte da deputación, o Salón de beleza de Amador no Paseo, as dúas Irmás en Santo Domingo, a barbería do Roma, ou a do Liceo. Todas elas posteriores á que hoxe nos ocupa, e que dalgún xeito continuaron coa tradición comezada por don Eduardo Rei Custodio, (ou Castro, que aínda non o teño claro, espero que Arturo sáquenos de dúbidas), e a viuva de Diz (na praza do Trigo).
De don Eduardo, singular personaxe, temos referencias claras por Gonzalo Allegue biógrafo de Blanco Amor, e citas de Risco e Otero entre outros, polo cal deixo que sexa Arturo quen nos de máis datos; eu non me sinto cualificado para iso. Soamente atrévome a facilitarvos estes tres anuncios que expoñen unha pequena dúbida, adicional as que Arturo de seguro atopou á ora de identificar os edificios, debido aos cambios de numeración.
Fixarvos que nuns falannos do número 24 e noutro do 14, tamén é posible que se trate dun dos frecuentes fallos de imprenta, que o traballo manual levaba.
Desculpas pola malisima calidade dalgunha das imaxes, pero "eche o que ahí". Perdón 

Antes do 15 de setembro, espero poder ofrecervos unha entrada facilitada por Arturo para que sirva de aperitivo á presentación que nos fará no Teatro Principal.

21/8/11

No arqueoloxico o martes 23

Recibin o xoves o mail que vos mostro abaixo, e sinto que non me foi posible facer a entrada con anterioridade, pero xa sabedes que estes días non tiña a man as miñas armas tecnoloxicas.
O caso e que coido que seria interesante, que o martes todos os que poidades vaiades o Arqueoloxico pra disfrutar do espectaculo, que xa de por si paga a pena; pero e que a maiores penso que e un xeito de demostrar a añoranza que na cidade temos dos nosos recintos culturais, que por unha u outra razón levamos tempo "escasos" deles.  (e sabedes que non falo somentes do Arqueoloxico; o día que estean todos activos....).
Este e o mail:

"Espazos Sonoros conta de novo co Museo Arqueolóxico para achegar unha nova proposta musical e promocionar o noso patrimonio.
Deste xeito A Compañía Autónoma Dromosofista presenta: O cubo libre. Teatro musical, mimo e teatro de obxectos.
Catro personaxes arredor dun cubo negro transfórmanse nunha espiral de imaxes surrealistas e poéticas, acompañadas de música ao vivo.
No Museo Arqueolóxico de Ourense (Praza Maior) o martes 23 de agosto as 20 h.
Entrada libre.
Máis información sobre A Compañía Autónoma Dromosofista en: http://www.myspace.com/elcubolibre

http://www.musarqourense.xunta.es/ "

Xa sabedes si podedes vemonos alí.

18/8/11

Navegando nos vellos diarios

 Os lectores do blog, xa estades feitos a escoitar falar destas cabeceras e algunha mais, Heraldo, Eco, Tio Marcos, Album literario etc.
Estes días de lecer da man da miña irma Beatriz, puiden ollar por fin as paxinas de El Derecho, (que eu saiba os unicos exemplares que se conservan en mans das administracions, son os que se gardan no Mosteiro de Poio). E digo da mán, na mais extensa forma do seu significado, xa que foi ela a que tivo que ir pasando as follas e identificando as novas que posteriormente me enviaba; eu andaba ganduleando por outros lares.
Os poucos van xa 760 arquivos que me ten enviado, e que recollen novas historicas e moitas anecdotas do Ourense de finais do século XIX.
A partires de setembro, e gracias a ela, poderei incluir nas entradas do blog, moitos destes datos, entre eles cousas tan dispares como a chegada do Bispo Carrascosa, as visicitudes da inauguración do centro de ensino mais representativo da cidade, O Instituto; datos de novos comerciantes, algun deles ainda na memoria de algun dos meus amigos, e que no caso dos que andaban pola rúa da Paz, nos proximos días o amigo Arturo R.Vispo vaise ocupar de lembrar, no traballo que si non falla nada presentara o día 15 de setembro no Teatro Principal ; a morte do doutor Arturo de La Torre durante os feitos do chamado motin das Verduleras no ano 1892. E moitos mais, entre os que quero destacar un, pra mín moi importante, que e a aparición dun profesional da fotografia, totalmente descoñecido por mín, e do que nin nos censos nin noutros diarios consultados conseguin nada, tratase do fotografo profesional Emilio Chicarro.
O veran a parte de esta mina que e o Mosteiro de Poio, pra atopar información, tamen me proporcionou outras alegrias, (tan necesarias nestes tempos), e amigos como Fernando Valcarcel, Francisco Mendez, Pilar Perez Coleman, Florentino Moreton, Francisca Castro e Remedios Fitera entre outros, facilitaronme fermosas fotografias e datos que compartirei con todos vos nos proximos meses.
Por último quero comezar a avisar de que o A.v.O, (Arquivo visual Ourensán), segue a traballar, e anda enfrascado na preparación da proxima exposición, que posiblemente sexa do voso agrado, como pista vos direi que trata de xente de letras e numeros.??????.   
O luns ou se cadra o martes intentarei retomar a dinamica habitual do blog e facer unha entrada diaria, pero xa vos pido un pouco de paciencia, se algun día falla, xa que como sempre o tempo libre non e moito.

15/8/11

O Polvorín (Fernando Valcarcel)

 O POLVORÍN

No ano 1933, sendo alcalde de Ourense D. Antonio Álvarez Dopazo, o Concello, insta ao Sr. Ministro de Guerra á cesión do antigo almacén de pólvora, instalado no lugar coñecido como “Campo do Polvorín”. Esta solicitude tiña como fin último a futura construcción no lugar dun grupo de vivendas, as entón chamadas “Casas Baratas” (hoxe vivendas de promoción pública), xa que esta era unha zona de expansión natural da cidade.

Para afondar na orixe do topónimo “Polvorín”, remontarémonos ao ano 1800, data na que se levanta no lugar unha pequeña edificación en pedra para albergar a pólvora do ramo de guerra que anteriormente se custodiaba nas proximidades da Ponte Maior.

A entrega do terreo ao Concello de Ourense, realízase finalmente en xaneiro de 1934, pero non será ata 1954 cando se proxecten as 150 vivendas ”protexidas” do “Grupo Santa Bárbara”.

Ao amparo da “Obra Sindical del Hogar y Arquitéctura” construénse en Ourense na década dos 50 as 63 vivendas de “General Mola” e as 170 do “Virgen de Covadonga”, entre outras. Xa nos anos 60 construiránse os grupos do “Couto”, “Guizamonde”, “ Estación” ou “Mariñamansa”.

Fotografias da coleccion de Don Miguel Doval

11/8/11

"Ó Foplas", Don José Rodriguez Bouzo


As fotografías que ilustran esta entrada, son cedidas pola comunidade do Divino Maestro, e feitas por don José nos anos setenta.
 
Sirva de recordo para o fotógrafo Foplás o texto que publicou La Región o pasado 09.08.11, escrito polo amigo Xosé Lois Carrión, membro tamén do Arquivo Visual Ourensán. Todos/as os/as que formamos parte do aVo mandamos unha agarimosa aperta á viúva e demais familiares e amigos/as:
"Sen ruído, sen querer molestar decidiches iniciar a túa derradeira viaxe, unha viaxe que todos/as imos ter que facer.
Comentáchesme máis dunha vez que aprenderas o oficio xunto con don Leopoldo Iglesias López (iniciador da saga Villar Foto) e foi ese oficio que che axudou a ganar uns cartiños na túa estadía en terras venezolanas. Ao teu regreso, xunto aos teus irmáns, iniciaches negocios inmobiliarios.
Loxicamente, a arte de obter imaxes grazas á luz seguiu estando presente na túa vida, cun establecemento que ao mellor alguén non coñece. Ao mellor a alguén tampouco lle soa a túa cara, pero o que si é seguro que todo o mundo sabía o teu slogan, o que che fixo súper popular: “¿A dónde vas? A Foplás, frente a Correos”.
Coido que chegados a estas liñas xa o/a lector/a sabe que me estou a referir a Pepe Foplás, quen para o seu DNI foi José Rodríguez Bouzo.
O Foplás, hai que recoñecelo, tiña un pronto moi rápido pero tamén un bo corazón, un corazón que aguantou mil e unha na súa vida, ademais da morte dos pais, de dous irmáns, parentes, amigos…, un corazón que cando hai uns poucos meses tivo que padecer xunto coa súa dona Lula o pasamento da filla Yoli sufriu un serio revés. “E eu que fago agora!”,comentoume repetidas veces dende entón.
Aínda que seguiu coa súa vida habitual –partida na cafetaría “Alameda”, un par de viños polas tardes, paseos pola Alameda, curtas estadías coa  familia n’A Toxa…, Pepe non foi quen de asumir a marabillosa letra de Eric Clapton “Tears in heaven” (Bágoas no ceo), cantiga escrita logo da morte do seu fillo:
“…debo ser forte e seguir adiante /
porque sei que o meu lugar non está eiquí no ceo…”.
Pepe Foplás marchou, marchou tranquilo como crente a xuntarse cos seus, a facer a fotografía da súa vida.
Unha aperta para Lula, Aurora, Ovidio, Chicho e Anuncia, e para os/as demais.

8/8/11

Unha errata

O domingo pasado 31 xullo, no diario La Region, saiu publicada na fantastica sección que estan a facer dos 75 anos da guerra civil, esta fotografía, dun desfile naqueles anos.
O caso e que a pesar de contar ca colaboración do A.v.O. que lle cedeu algunha das imaxes, esta en concreto, non forma parte do catalogo do Arquivo visual Ourensán. Posiblemente tratese simplemente dun cambio nos pes de foto xa que fai uns días nesta misma sección si que figuraba unha fotografía do noso arquivo que coincide con ese pe de fotografía.
O erro non ten maior importancia, xa que por desgraza tanto eles como nos teremos moitos mais erros, pero neste caso xa que o detectei, millor correxilo.
Abaixo tedes a fotografía que corresponderia co pe de foto. E si que mostra un desfile diante da Chevrolet o ano 1938, a outra penso que non se fixo na cidade, e poidera corresponder a unha das nosas vilas.

4/8/11

Salón de beleza anos 50

 Tiven a fortuna estes días de contactar cunha nova amiga, Francisca Castro Bermudez; e a parte de ser un placer, conversar con ela e a sua encantadora filla; puiden disfrutar da sua gran colección fotografica.
Entre multitud de fotografías de Schreck, Rizo, Conde etc. Ten nos seus albums, outras moito mais naturais; eran as feitas polo seu pai, afecionado a fotografía, que retrataba momentos mais familiares e personais, as merendas no rio, as excursions as feiras, os viaxes; moitas lembranzas que Francisca permitiume compartir, e quero agradecerlle.

Non vou adiantar datos, pero xa vos digo que na proxima exposición do A.v.O. ides ver algunhas das xoias que garda nos seus albumes, xa que corresponden ca tematica escollida pola asociación. (teredes que agardar a setembro pra empezar a ter datos). Hoxe e pra empezar as colaboracions co blog, escollin esta fotografía. non foi pola antiguedade, nin siquera pola beleza da dama retratada. Nesta ocasión chamoume a atención, a maquina "terrorifica" que sae na imaxen.
Eu lembro estar ca miña nai (aguantando mecha, e o mais formaliño que podia), na peluqueria, e ver como lle poñian na testa aqueles cascos de astronauta, (nalgunha ocasión ata metin eu os cornos por alí, e algun azoute levei); por eso o ver este aparello anterior a aquela etapa da miña vida sorprendeume. Fixadevos na cantidade de cables, e pinzas metalicas que ten, calquera diria que ina arranxar un coche, en vez de poñer mais guapa unha fermosa muller. O que tamen se me ocorre, e que as traballadoras dos centros de beleza daquela epoca, a parte de ter boa man, e millor gusto, (pra dar consellos as clientas), terian que facer un cursiño de electronica, non si?. 

Desta fotografía, non lle quisen preguntar quen era a protagonista, nin moitos datos, pra sorprendela, pero que me corrixa ela se me equivoco; debeuna obter o seu pai no negocio familiar, mais ou menos a comezos dos anos 50. E a fermosa dama debe ser ou a sua nai, ou a sua tia.
De novo grazas Francisca.  

1/8/11

Joselín


Entre as miñas posesións máis prezadas, xa de antes de comezar a aventura de Ourense non Tempo, estaba o álbum incompleto de Ksado Estampas de Galicia.
E nel sempre me chamou a atención este cromo que hoxe vos mostro, como podedes ver o numero 7 da serie 40 provincia de Orense.
Froito das moitas lagoas que teño no coñecemento da historia da nosa cidade, e que nunha procura rápida pola rede, non atopei nada, que me axudase a identificar a este personaxe, deixara o tema para outro momento.
A casualidade fixo que nestes días e sen buscalo, caesen nas miñas mans datos sobre este singular personaxe, que me levan moi ao meu pesar, a corrixir ao mestre Ksado. Na súa descarga quero pensar que é posible que o seu erro puidese estar motivado, pola confusión de Joselín, co Ourensán Xullo Borrajo, (do que tedes no blog algunha entrada, e algunha máis abra en breve), dado que o seu estilo era moi similar, e ata a sua caracterización para as actuacións, gardaba certa similitude.
No excelente traballo do que aquí vos deixo a referencia, atopei a maior parte da información que teño deste personaxe.

Fernández da Cigoña Fraga, Salvador (2008). CRONICAS E ESTAMPAS DE BAIONA A REAL. Editorial Deputación de Pontevedra. Vigo. España

José Rodríguez de Vicente "Joselín" (Vigo 1895- Bos Aires 1958)

Logo de estudar en Vigo e Madrid, en 1916, viaxa o Uruguai, onde polo seu don de xentes, conseguiu traballo de xornalista no semanario Terra Galega, ao mesmo tempo, comezou a mostrar as súas habilidades teatrais, e creou o personaxe de Joselín, un galego de pobo, bonachón e de poucas letras, pero con moita sabedoría.
A súa forma de ser inqueda, lévolule a desempeñar ao longo da súa vida moitas ocupacións, entre as que cabe destacar a súa actividade política, por medio da cal ocupo a alcaldía de Bayona, entre 1927 e 1929, ao pouco do seu regreso de Sudamérica; posteriormente traballou en Salamanca como dono dunha oficina de turismo e en Madrid como xornalista do diario "La Nación".

Logo dalgunha incursión mais no mundo do teatro, (en 1932 estrea Terra Nai no García Barbón), trasladouse a Arxentina, onde continuou desempeñando labores de xornalista, pero nunca rompeu os lazos ca sua Galicia, á que volveu de visita en varias ocasións. E sempre se mantivo activo en canto a fomentar a unión e comodidade dos galegos emigrados, pra o que creou en Bos Aires o centro "Ayuntamiento de Bayona", posteriormente transformado en "Círculo Social Val Miñor".
Por todos os seus desvelos e traballos, en1955 foi premiado coa Cruz de Isabel A Católica

Como podedes ver a sua relación ca nosa provincia aparentemente non existiu, polo cal como indico arriba penso que don Luis Ksado poidera terse confundido de personaxe..