Consejos y avisos

8/7/11

A Porta da Burga ???


Cada día comprendo mellor a satisfacción que sente un buscador de tesouros cando atopa aínda que só sexa unha nova pista que o conduza cara ao seu obxectivo.

No meu caso e como afeccionado, conténtome co que creo son simples suposicións e posiblemente erróneas; pero mentres non aparezan novos datos, quero pensar que é correcto.
Xa sabemos que a nosa cidade tivo algo parecido a unhas portas que "gardaban" aos seus habitantes de perigos do exterior, desde logo nada que ver coa de Alcalá, nin a de Brandenburgo, ou outras xoias da arquitectura, que por aí andan, pero para a cidade eran as súas portas.
A da Aíra, da que se conservan catro "pedruscos", é a mellor documentada; ata temos un debuxo no Arquivo Histórico, de como era na súa totalidade. Do resto que eu saiba, a localización aproximada e pouco máis; algunhas para terminar de complicar o tema, ata se sabe que cambiaron de localización durante a súa vida.
Hoxe falamos dunha desas portas da cidade; a da Burga.

Precisamente é unha das que se comenta que tivo varias localizacións, (a outra é a que se supón estivo na entrada da rúa San Miguel, cando esta comezaba na deputación), hai quen a sitúa en metade da rúa Burgas, (a que baixa desde a Barreira), e hai quen di que estaba xusto á beira da Burga de arriba, outros din que xusto no muro da Burga e outros.....
Algún día atopáranse datos que confirmen se tivo todas esas localizacións, ou se foi menos viaxeira; eu humildemente no canto de arranxalo, vou botar máis leña ao lume.
No muro que vedes na fotografía (conseguida polo amigo Javier Torres), pertencente á leira dos Taboada Tundidor; por certo eu xa non o recordo, pero unha das miñas principais fontes de información, comentoume, que as últimas usuarias eran Josefa e Amalia Varela Taboada, ás que non era difícil atopalas gozando do bo tempo, naquel verxel; e que cre recordar que os Taboada Tundidor nun tempo foron propietarios legais do Mosteiro de San Esteban de Ribas de Sil, (haberá que confirmalo).

Xa me puxen a divagar, volvendo ao tema, nese muro se vos fixades na ampliación que vos mostro debaixo, pódese ver o que aparentemente podería ser unha columna, e en fronte non se aprecia que houbese outra en correspondencia, polo cal, non podería ser unha parte da Porta da Burga.???.
Opinade vos.

 

No hay comentarios: