Consejos y avisos

Os recomiendo visitar los dos blogs, ya que a partir de ahora los días que haya entrada en www.Ourensenotempo.com no la habrá en http://ovrense.blogspot.com y viceversa.

Mail ourensenotempo@hotmail.com

14/7/11

Novos datos da historia da fotografia en Ourense

Na presentación do libro "Achegamento a historia da fotografía en Ourense", penso que xa deixei claro, que tratabase somentes deso, dun achegamento, e que a pouco que se continuara a investigación, poderianse ampliar o elenco de fotografos, así como os datos dos que figuran xa no libro.
 Eu non garantizo nada, soo me comprometo a ir xuntando os datos, e seguir revisando revistas e periodicos na busqueda de datos, pero con calma.
Hoxe aproveitando que por casualidad, descubrín unha nova faceta dun dos mestres que estiveron entre nos, si ben neste caso son moi poucas as fotografías feitas por el que temos, (case que temos mas nas que sae el); falo do mestre Luis Casado Fernandez, Ksado. A faceta descuberta, e a de deportista; na fotografía de arriba, e marcado co numero dous, (datos extraidos da revista vida Gallega), aparece o noso personaxe, aparece na misma folla da revista, outra fotografía (abaixo) que xa coñeciamos, pero non tiñamos identificados os personaxes, e tamen aparece Ksado formando parte dun equipo de Futbol, o "Blanco y Negro", (teremos que buscar datos deste clube, ter secion de futbol e ciclista, era un esforzo que de seguro esta reflexado en mais textos).
Atopar esta fotografía, tamén dame pé, pra citar alguns dos fotografos "de paso", que no libro quedaron fora por interpretar que o seu traballo, foi efimero; si ben co paso do tempo e a aparición de novos datos, comezo a comprobar que algun deles deixou mais estela do seu paso pola cidade, que algun dos que residiron entre nos. Ese e o caso por exemplo do editor precisamente da Revista Vida Gallega Jaime Solá, quen tivo corresponsales fotograficos (Pacheco, Samaniego, Gil etc), pero nalgunha ocasion el mismo firmou o reportaje grafico que publicou na sua revista, incluso esta case que confirmado que a famosa fotografía do estudio Pacheco na que aparecen os Xesta, Ksado e José Pacheco, foi obra sua.
"De paso", citaremos tamén a José Saliquet, Manuel Chicharro, Pelai Más, e todos os enviados polas editoras de postales, Hauser, Thomas etc .
Pra non aburriros co tema, citar unicamente, que a lista de profesionais que por eiqui andaron, sumando os das vilas, transeuntes identificados, e poñendo como tope os anos 60, a dia de hoxe pasa dos "150"
 As fotografias son do ano 1910, e foron publicadas na revista Vida Gallega, nunha reportaxe sobre A festa da caridade que nese ano organizou o F.C. Blanco y Negro, o autor ainda que non o pon, pensamos que foi o editor Jaime Solá. No equipo de futbol, Luis Ksado e o do bigotiño, sentado de segundo.

No hay comentarios: