Consejos y avisos

Este viernes dia 15 y hasta el dia 8 de enero comienza el periodo navideño en OurensenoTempo y Ovrense. Durante esos días al margen de alguna posible sorpresa, solamente tendréis las publicaciones en el diario La Región (los sábados) y el primer domingo de enero en el suplemento Gente Mayor, así como mi colaboración habitual en el especial Nochebuena.
A TODOS MIS AMIGOS Y LECTORES
FELIZ NAVIDAD

Mail ourensenotempo@hotmail.com

6/7/11

No tren a Galicia

 Como vedes, o meu é falar da actualidade a touro pasado, e salvo en contadas ocasións os meus comentarios levan un certo atraso, neste caso dependerá do lugar desde onde se lea a entrada, se é desde o destino vacacional, vou con atraso, se é desde a residencia habitual, poida que aínda chegue a tempo.

Atopei estes días na hemeroteca dixital do Ministerio de Cultura, este anuncio publicitario das liñas de ferrocarril de 1882. E coido que vos gustase velo. Non ten desperdicio, comezando polo trazado, e terminando pola duración da viaxe, todo fáillenos estraño; por non entrar en comparacións co que será no futuro o desexado AVE.
A barreira da Canda e o Padornelo, que sempre foi un encordio, non deixa pasar, pero tampouco dá lugar a montar unha estación de esquí, vai ser que a natureza ten erros (é broma, que non se enfade ninguén).
Bo o caso é que desde sempre foi un complicado paso, para as vías de comunicación galegas; naqueles tempos, a decisión supoño que a máis económica, á conta da duración da viaxe, foi evitar o seu paso, desviando a liña cara ao centro de Portugal, para despois subir toda a costa Atlántica cara Galicia.
Iso provocaba que o viaxeciño fóra de 34 horas como podedes ver na publicidade; posiblemente se podías tomalo con calma fose unha viaxe preciosa en canto a paisaxes, e se podías viaxar en 1ª clase seguramente que ata puideses gozalo, os de terceira naqueles asentos de madeira, non creo que dixesen o mesmo, pero "eche o que haí".
Esta liña supoño que xa coñecida polos amigos de Carrileiros, foi das primeiras que chegaron á nosa cidade, de feito polas datas comprobaredes que a estación que utilizaban ata polo menos o 1885 foi a do Ribeiriño; de feito agora que o penso, os meus escasos coñecementos sobre o tema levábanme a crer que o Ribeiriño só tiña conexión con Vigo, e agora descubro que xa recibía viaxeiros desde a capital do Reino, e desde as grandes cidades de Portugal.

No hay comentarios: