Consejos y avisos

10/7/11

Fermosa publicidade

Creo que xa nalgunha ocasión coménteivos, que na rede atópanse algunhas xoias, que aos que como eu gozamos vendo obxectos e imaxes do pasado encántannos.

A marca Nestlé, é das que poden presumir de ter unha longa historia e formar parte da vida das últimas xeracións. O Pelargon, A Leiteira, Os cubitos Maggi, o chocolate, e un longo etc. de produtos que están na mente de todos nós, pertencen á historia desta marca.
Aquí déixovos o enlace á súa páxina, na que podedes ver o estupendo álbum de Nestlé, ademais de gozar con anuncios publicitarios impresos, e ata radiofónicos.

Eu durante esta tempada de verán, ensinareivos algún dos anuncios que fun conseguindo, e pola súa orixinalidade, ou beleza creo que debemos recordar.
 No blog, xa tedes algunha cosiña dentro da etiqueta "publicidade", pero o certo é que levaba un tempo case esquecido.

No hay comentarios: