Consejos y avisos

Os recomiendo visitar los dos blogs, ya que a partir de ahora los días que haya entrada en www.Ourensenotempo.com no la habrá en http://ovrense.blogspot.com y viceversa.

Mail ourensenotempo@hotmail.com

15/6/11

Unha gran descoñecida

Resulta estraño, que un edificio tan singular e representativo da nosa cidade, poida ser ao mesmo tempo, un perfecto descoñecido para a maioría dos cidadáns. Varias entradas do blog, están directamente relacionadas tanto coa creadora do complexo monumental, dona Angelita Varela, como co complexo mesmo. Falamos por se non o recoñecestes, do Santo Anxo.
A través de varias entradas, intentarei profundar un pouco máis, na figura da Marquesa de Atalaia Bermeja, creadora e benefactora deste centro, así como promotora doutras moitas obras benéficas, e nas edificacións que conforman o complexo do Santo Anxo.
Para contar a historia desta dama, teremos que recordar tamén a figura do seu pai don Ramón Santamarina, falaremos doutro apelido ilustre da cidade, Os Temes, aparecerá o bibliófilo Rei Soto, e realmente como se queira profundar, teriamos que terminar citando a case que toda a sociedade ourensá da primeira metade do século XX.
Non esperedes un traballo pormenorizado, senón como sempre, unhas pinceladas, que sempre serán susceptibles de ampliación e corrección.

Para comezar, aproveitarei estas dúas fotografías do mestre Samaniego, que fixo en maio de 1925, e con motivo da inauguración da igrexa publicou o diario La Región en xuño dese mismo ano. Nelas pode verse o interior da igrexa.

No meu caso tiven a fortuna nun par de ocasións de coarme no seu interior; polo cal o que vos ensino nestas malísimas reproducións, púideno contemplar no seu magnífico esplendor.

Recoñezo que non o preguntei, aínda que supoño que pedindo permiso á congregación das Calasancias, ou ao párroco de Fátima, conseguirase permiso para velo debidamente. (Preguntareino, e comentáreivolo).

Como sempre digo, se algún quere achegar datos a esta serie de entradas, non ten máis que dicirmo vía mail.

No hay comentarios: