Consejos y avisos

Os recomiendo visitar los dos blogs, ya que a partir de ahora los días que haya entrada en www.Ourensenotempo.com no la habrá en http://ovrense.blogspot.com y viceversa.

Mail ourensenotempo@hotmail.com

2/6/11

O A.v.O. nos medios. (Xornal de Galicia)

 O Xornal de Galicia, publicou un reportaxe falando do A.v.O, o vintesete de marzo.
As fotografías cas que o ilustrou, son pro meu gusto, das mais fermosas que temos nos nosos arquivos, (faltaria algunha das fermosisimas do estudo Schreck, pero en prensa xa se sabe que o espacio e limitado).
A  de arriba, non sei se sera cousa miña; xa dende o primeiro momento, chamoume a atención o detalle con que se deron as pinceladas que colorean a imaxe, , de non ter datos dela poderia ser que o mestre estaba mais inspirado aquel día que outros; pero por sorte, sabemos que os retratados son os fillos varons de Don José Pacheco, o maior José (que abriu estudio na Coruña), e o pequeno Augusto, (o continuador do estudio paterno na nosa cidade). Como vos decia antes, non sei se sera cousa miña, pero penso que esta fotografía o traballo de retoque que ten, non esta feito polo artista Pacheco, senon polo pai José.
A fotografía orixinal, a conservan con todo o cariño Ester e Augusto os netos de don José, e fillos de Augusto.
 
Esta outra xoia do amigo Pastor Fabrega, e unha das poucas que temos de José Gil, feita nas rúas da nosa cidade; e da unha perfecta visión do estilo e modas dos primeiros anos do século XX.
Tratase dunhas damas que ian formar parte da Batalla de flores nas festas da cidade.
Por certo sabedes que o nome de batalla de flores, ben porque antiguamente o cruzarse no recorrido as carrozas, lanzabanse unhas a outras flores, nunha amistosa batalla; esa costume perdeuse; certo e que os rapaces pequenos case que o agradecen, xa que agora o que se fai e botas caramelos o publico.

No hay comentarios: