Consejos y avisos

Os recomiendo visitar los dos blogs, ya que a partir de ahora los días que haya entrada en www.Ourensenotempo.com no la habrá en http://ovrense.blogspot.com y viceversa.

Mail ourensenotempo@hotmail.com

1/6/11

O A.v.O. nos medios. (La Región XIII)

As modas cambian, según vai pasando o tempo.
A festa nacional alcanzou esa denominación, debido a afección que habia en todo o pais, pola festa dos touros. Ourense non era allea a esa afección, hoxe tan discutida; e podense encontrar referencias as corridas de touros, dende fai moitisimo tempo, (que eu vira datos, falan do século XVIII). O que si foi mudando na cidade, era a ubicación dos espectaculos taurinos; nos comezos, como supoño que ocurriria en todas as cidades e pobos onde se celebraban estes festexos, (case que sempre asociados as festas patronais), a praza do Concello, era o lugar escollido; o motivo seria que a construcción destas habitualmente cadradas e bastante pechadas polos edificios, facilitaba o acondicionamento do espazo; a nosa praza Maior, (daquelas non se chamaba así, sabedes que mudou en varias ocasions de nome), ca sua orixinal inclinación, non era precisamente a mais idonea pra poder lucirse no arte de cuchares; co cal foronse buscando o longo do tempo, outros lugares pra facer a festa.
O escampado das Lagoas, e o Campo dos Remedios, foron dos escollidos nun principio; logo trasladouse cara o solar onde hoxe esta a igrexia de San Pio X, na avda. de Zamora, e penso que alí foi a última ubicación, (algún amigo dime que pensa lembrar que ainda voltou algún ano cara o centro, pero teriamos que confirmalo), no solar da avda de Zamora, incluso existen ou existian ata fai pouquiño, probas de que se intentou facer unha praza fixa, en vez da incomoda portatil, que se montaba todos os anos; pero o proxecto non pasou de facer a cimentación.
Outro día seguiremos co tema, que supoño tera os seus afeccionados, e fotos dende logo algunha temos no AvO; a de hoxe prestounola Dona Blanca Rodriguez Fernandez, e forma parte da serie feita polo mestre Pacheco, da que alo menos temos localizados seis positivos distintos. 
Ainda non esta confirmado totalmente, pero pensamos que retratan as festas de finais dos anos vinte.
Revisade o blog, que algunha mais xa esta por ahí publicada.
Ensinarllas os avos, que o millor eles son quen de recoñecer algún dos ourensans, que disfrutaban aqueles anos do espectaculo taurino na cidade.  

No hay comentarios: