Consejos y avisos

Os recomiendo visitar los dos blogs, ya que a partir de ahora los días que haya entrada en www.Ourensenotempo.com no la habrá en http://ovrense.blogspot.com y viceversa.

Mail ourensenotempo@hotmail.com

17/6/11

Las Tiendas de la Catedral (M.A. Gonzalez García)

Teño unha débeda pendente con don Miguel Ángel desde fai tempo; e é que me ofreceu a posibilidade de difundir os traballos que publica no Arquivo capitular de Ourense, pero non consigo atopar o método apropiado para facelo; recoñezo a miña incompetencia coa informática, pero non cexo en intentar buscar axuda, para poder facelo, supoño que en forma de arquivos pdf, ou algún método similar podería facerse, pero eu aínda non se como. (Se alguén me axuda...).

A pesar de todo iso, non quixen deixar de comentar o último dos seus traballos. No que contou coa colaboración do amigo Pastor Fabrega, non en balde trata do seu bisavó, don Tomas Fabrega Tomas.

Trátase da renovación levada a cabo en 1915, dos locais, situados na rúa das tendas, e que desde posiblemente a Idade Media (como apunta don Miguel Ángel), foron utilizados por artesáns e comerciantes para realizar a súa actividade.

O traballo en si mesmo, centrouse en remodelar os arcos existentes, (aínda pódese ver un deles no seu estado orixinal, á beira do escaparate da xoiería Cid), a fin de facelos máis útiles para a instalación de locais comerciais, dotándoos de escaparate e entrada independente.

Da obra levada a cabo no seu día, consérvase soamente na súa totalidade, un dos arcos, dado que os outros dous foron novamente modificados, cando se instalaron as escaleiras da praza de San Martín.

Dá noticia tamén no caderno o seu autor, do achado dun anxo trompetero, de 1,40 metros, que posiblemente formase parte do pórtico, e retirásese nas reformas do século XVI.

Seguindo a senda de Don Miguel Anxo, intentarei convencer ao amigo Pastor para que nos regale unha entrada falando do seu bisavó Don Tomas Fabrega Tomas.

No hay comentarios: