Consejos y avisos

Os recomiendo visitar los dos blogs, ya que a partir de ahora los días que haya entrada en www.Ourensenotempo.com no la habrá en http://ovrense.blogspot.com y viceversa.

Mail ourensenotempo@hotmail.com

6/6/11

Heraclio Perez Placer

A miña intención era falarvos deste cabaleiro a semana pasada, pra que acompañara o seu amigo Francisco Alvarez de Novoa, pero foime imposible.
A biografía de don Heraclio, así como a sua obra, teñen sido moi pouco tratadas durante todo este tempo, e quitando o libro: Obra narrativa en galego de Heraclio Perez Placer, da serie Narrativa recuperada.ano 1998. (edita Xunta de Galicia, e centro Ramon Piñeiro para a investigación en humanidades). Non dín atopado ningunha referencia; ese feito obriga a repasar como no caso do seu amigo Francisco Alvarez de Novoa, a prensa local daqueles anos, onde podemos atopar gran cantidad de colaboracions; por fortuna tamén teño na miña biblioteca un exemplar de Veira do Lar Ed José Gali Santiago 1901(así figura no exemplar o titulo, noutras fontes escribeno Beira), que foi o que me permeteu descubrir o escritor.
Naceu don Heraclio o ano 1866 na Praza do Olmo (hoxe Saco e Arce); -os editores de Veira do lar, erroneamente como demostra o libro da serie Narrativa Recuperada citan o ano 1869 como o do seu nacemento-. O seu pai era avogado, e xa viña dunha familia de boa posición.
Comezou a sua vida estudiantil, no instituto ca fortuna de contar entre os seus mestres, a Don Juan Antonio Saco y Arce; logo consta que algun curso fixoo fora da cidade (Avila e Toledo?), pero rematou o bacharelato na nosa cidade. O seguinte paso, foi estudar a carreira de Medeciña, que rematou en Santiago, logo de facer como no bacharelato algun desplazamiento; neste caso citase Valladolid.
Pra non estendernos, situaremolo en Ourense, xa casado e ca sua consulta aberta no ano 1894.
A sua traxectoria literaria, comezou no ano 1886, da mán de Don Valentín Lamas Carvajal, quen publicou no Tio Marcos da Portela, moitos dos relatos que logo en conxunto viron a luz en libros como Contos Lendas e Tradicións, e Veira do Lar. O ano 1887 publica a sua primeira novela Prediuccion, e comeza a colaborar con cabeceras, como o Album Literario, Gaceta de Galicia, El Diario de Orense, El Derecho, As Burgas etc. 
No medio vira o desencontro con Lamas Carvajal, que quedou reflexado, nos articulos publicados por un e outro na prensa do tempo. Este desencontro, e o aparente e supostamente caracter polemista de Don Heraclio, que o levou a enfrontarse con moitos dos seus coetaneos, posiblemente teñan algo que ver cas escasas citas que tanto del como do seu amigo Francisco Alvarez, podemos atopar.
Continuara......
Como apuntei esoutro día na entrada de Alvarez de Novoa, se tedes algun libro, ou información destes dous periodistas, agradeceriavos que me deixarades botarlle un ollo.

No hay comentarios: