Consejos y avisos

Os recomiendo visitar los dos blogs, ya que a partir de ahora los días que haya entrada en www.Ourensenotempo.com no la habrá en http://ovrense.blogspot.com y viceversa.

Mail ourensenotempo@hotmail.com

16/6/11

Don Ramón Santamarina

Como vos anunciei na entrada de onte, vou intentar axudarvos a coñecer a historia dun dos edificios que pola sua orixinalidade, mais chama a atención na nosa cidade, (magoa que lle pase desapercibida a moitos visitantes, pero confiemos que nun futuro proximo, poda ter mais importancia como reclamo cultural da nosa cidade). Falamos do complexo do Santo Ánxo.
Pra poder entender os motivos que levaron á sua construcción, non temos mais remedio, que voltar a vista atras, e repasar a vida de varios orensans, implicados na historia da sua creación.
O primeiro personaxe que nos visita, xa foi unha das entradas do primeiro ano de vida deste blog, o motivo daquela, foi o mismo que me fixo seguir indagando na sua biografía: o seu traxico comezo, e os logros que alcanzou na sua vida.

Don Ramón Santamarina

Vou facer un inciso antes de seguir, pra aclarar que así nos imos referir a él, como: Ramón Santamarina; xa que non quero liarme como en moitas outras ocasions, en dar co nome verdadero do protagonista, -o mismo que pasará cando fale da sua filla, dona Angelita Varela-. Baste decir, que o seu nome no bautismo foi:  Ramón Joaquin Manuel Cesareo García Valcarcel, xa que como poderedes ver nos enlaces que vos poño, eses eran  os apelidos dos seus pais. Padre Jose Garcia Santamarina Varela, y Madre Mariana Manuela Valcarcel Lopez de Agra. 
En este enlace de wikipedia teneis un  buen trabajo sobre su biografía Don Ramón en Wikipedia, y en la web que sus descendientes mantienen de la empresa, podeis ampliar información  web de la empresa. Na web Genealogiafamiliar.com tedes tamen moitos datos, ainda que precisen dunha revisión, pra correxir pequenos erros, como por exemplo a data do matrimonio de don Ramón ca sua segunda esposa, que segun a web foi na ano 1864, data na que ainda non morrera a sua primeira muller??.
Nace Don Ramón, en febreiro do ano 1827; polos datos que reflexan as webs, e logo de tentar contrastalos, podemos decir que viu a luz nunha casa que tiña a familia materna, o longo do Barrio Novo ou Corredoira, hoxe Santo Domingo, as dubidas xiran entorno, a unha casa blasonada situada enfrente da casa dos Boan, e outra situada o carón da casa onde hoxe estan as monxas da Purisima. De todolos xeitos, penso que o marxen do seu nacemento e bautismo (na igrexia de "Santa Eufemia La Real"; supoño que refirese a de Santo Domingo que realmente se chama de santa Eufemia la Real, debido a posible ubicación do domicilio), os primeiros anos da sua vida transcurriron entre Monforte e Padron; o traballo do pai na Corte, facia que dona Manuela pasase moito tempo soa cos seus fillos, polo cal buscaba a compañia de parentes que tiveran tamen rapaces pra que a sua educación foxe mais sinxela; o ano 1830 naceu o seu irman Francisco Javier, e no 1835 a sua irma Dolores.
Este ano de 1835, foi  o que marcou a sua vida; según os datos que temos, o seu pai suicidase en presencia do rapaz (na Torre de Hercules da Coruña), e o pouco tempo, a sua nai morre, quedando os nenos desamparados.
Así e como Ramón remata o seu último periodo na nosa terra no hospicio de Santo Domingo en Santiago de Compostela. Contan que Ramón non estaba contento no hospicio, e axudado por un dos frailes, (parece ser quil decia que o fraile deulle unhas moedas, e deixoulle a chave da porta traseira), escapa unha noite, dirixindose o porto de Vigo, onde o ano 1844 consigue embarcar na corveta "La Española" (depende da fonte consultada), rumbo a Bos Aires.
Naquelas terras comeza un periodo fascinante da sua vida, na que a sua intelixencia, arroxo e tesón puseronse a proba, posiblemente algo de fortuna tamen tivera, pero o caso e que logo de varios traballos, e sabendo mover os cartos ganados consigue facerse cunha fortuna, (visitade os enlaces que vos puxen arriba, ou intentade facervos co libro "La Carreta" escrito pola sua bisneta Ana Gándara Rodríguez Larreta no 1989).
O ano 1859 casa con dona Angela de Alduncin Gaspuy, o ano seguinte, nace a primeira das suas fillas Elena, e xusto un ano mais tarde (o 21 de xaneiro do 1861) o que ia ser o principal continuador da empresa, Don Ramon Santamarina Alduncín, logo naceu José, e por fín o 24 de xaneiro do 1863, o personaxe principal desta historia, dona Angela Santamarina Alduncín, (Angelita Varela); pouco tempo disfrutou dona Angelita dos coidados da sua nai,  xa que tres anos despois e logo do nacemento da sua irma Josefa, morre a sua nai (26 Agosto 1866).
Don Ramón que nesa epoca xa contaba cunha considerable fortuna, decide enviar os pequenos, a nosa cidade o coidado da sua irma Dolores, quen penso que se acababa de casar con Don Antonio Varela Bahamonde, logo de enviudar do seu primeiro marido, Don Rafael Vidal (con quen tivo un fillo, Alejandro Vidal Santamarina).
Pra rematar o relativo a don Ramón, soo comentar que a comezos do 68 casou ca sobriña da sua muller, Ana Irasusta Alduncín, con quen tivo trece fillos mais. Foron en total 18 fillos, aos que lle deixou un futuro prometedor, e de feito mais de 120 anos despois de creada a empresa, esta continua a desarrollar una grande actividade.
O ano 1904 os setenta e sete anos de idade, e como fixera o seu pai, se suicida por causas ainda hoxe descoñecidas. A sua figura sera lembrada por sempre na Arxentina, pola ingente cantidad de obras caritativas, e as iniciativas directamente xestionadas por el e a sua familia, que foron un grandioso impulso pra o desenrolo deste seu pais de adopción.   
Non sei se o conseguiria, pero procurei que todolos datos reflexados sexan contrastados, o cal fai que existan certas diferencias cos que podedes leer nas páxinas que vos indico arriba. Supoño que o interesante relato das suas vivencias personais, fixo que os seus biografos pasaran un pouco por alto a exactitud dos datos familiares. 

No hay comentarios: