Consejos y avisos

Os recomiendo visitar los dos blogs, ya que a partir de ahora los días que haya entrada en www.Ourensenotempo.com no la habrá en http://ovrense.blogspot.com y viceversa.

Mail ourensenotempo@hotmail.com

20/6/11

Asilo e biblioteca do Santo Ángel

Continuando co tema da semana pasada, e para non aburrirvos falando só de persoas; hoxe tráiovos dúas novas instantáneas, das que fixo o mestre Samaniego, para a reportaxe que con motivo da inauguración do templo, publico o diario La Región o día tres de Xuño do ano 1925. (do cal extraemos a maioria dos datos reflexados na entrada)

A parte principal do complexo, está composto polos tres edificios, con fachada á rúa Ervedelo. O centro ocúpao a igrexa, que se ve flanqueada, polos edificios que se ven nas fotografías; mirando de fronte o da dereita, foi destinado a biblioteca e museo, e o da esquerda, (aínda sen rematar no momento en que se obtivo a instantánea), era o destinado ao asilo, na imaxe vese perfectamente o linde que tiña coas instalacións da fabríca dos Malingre.
O arquitecto foi Don Daniel Vázquez Gulías, quen contou coa colaboración do profesor de debuxo do instituto, Don Jesús Soria e do mestre de obras Don Manuel Amor.
A inauguración do templo, tivo lugar en dous días, sendo o 1 de Xuño de 1925, o escolleito para bendicir as instalacións e o templo; e o 2 de Xuño para celebrar a primeira misa e o sermón inaugural.
O coro que amenizou a xornada, estaba dirixido polo mestre Barrero e Muñoz, e interpreto A Misa Segunda Pontificalis do abate Perossi , o motete Panis Angelicus de Caracciolini, e o Oh bone Jesu de Vitoria do século XVIII.
A cerimonia foi oficiada polo Abreviador da Nunciatura e Prelado domestico da súa santidade, Don Domingo Sánchez Reyes, asistido polos párrocos da Trinidad e Santa Eufemia do Centro, Sres. Salgado e Canal, coa axuda de Don Fernando Quiroga Palacios.
Para rematar apuntar que o sermón correu a cargo de don Ricardo Gómez Roji, cóengo de Burgos e profesor de dogmatica nesa universidade

No hay comentarios: