Consejos y avisos

Este viernes dia 15 y hasta el dia 8 de enero comienza el periodo navideño en OurensenoTempo y Ovrense. Durante esos días al margen de alguna posible sorpresa, solamente tendréis las publicaciones en el diario La Región (los sábados) y el primer domingo de enero en el suplemento Gente Mayor, así como mi colaboración habitual en el especial Nochebuena.
A TODOS MIS AMIGOS Y LECTORES
FELIZ NAVIDAD

Mail ourensenotempo@hotmail.com

21/6/11

As festas 2011. E o circo?

Non, que non vos confunda o titulo, se que a algún de vós, apetécelle que fale de cuestións políticas, pero penso seguir sendo fiel á miña autocensura, e neste blog non se verterán nunca opinións políticas; a pesar de que en ocasións os meus comentarios sobre a perda dun edificio, ou detalles similares interprétense como tal, non é esa a miña intención.

Entón a que vén ese título da entrada, As festas 2011, e o circo?.

Pois realmente, non é máis que un queixume; Ourense tivo a fortuna de ter entre os seus veciños a don Secundino Feijoo, un dos mellores empresarios, (se non o mellor), de circo do país. Iso facilitaba que todos os anos, en diversas ocasións, pero de xeito case invariable, durante as festas, o circo facia á súa aparición na cidade, moitas foron as localizacións nas que se lles permitiu instalar a súa carpa, pero a máis recordada, e ata mencionada nalgún libro, foi a da alameda; alí á beira das barracas habituais, dos Mazaira, a churrería, o Paco tres Cadelas, o Simón dos botes, e o Barriga verde, esperaban os artistas a chegada dun público maioritariamente infantil, desexoso de ver aqueles saltos incribles, aqueles animais, terroríficos algúns e entrañables outros, pero sobre todo o que máis gustaba, eran sempre os pallasos.
Ese espectáculo hoxe en día é difícil de ver, e a pesar de que xorde de cando en vez algunha compañía que se instala na cidade, xa non conta coa expectación de outrora.

Pero se non podemos recuperar a ilusión polo circo, non perdamos polo menos a de gozar nas festas da cidade. Sei que a situación é complicada, e as ganas de rir, están ocultas detrás de moitos problemas e desgustos, pero facendo un esforzo, se conseguimos sorrir, é posible que podamos coller novas ansias para continuar traballando por saír adiante.
Lin o outro día unha enquisa na Región, que certificaba que a xente xa non participa nas festas, e ata cren que perderon a súa razón de ser. No primeiro non podo dicir nada, certo é que se ve pouca participación, no segundo si que non estou de acordo.
Necesitamos as festas, necesitamos saír á rúa e ver nenos riseiros, necesitamos tomar un xeado (aínda que non sexa do Cortijo nin da Ibense), mentres saudamos aos amigos, necesitamos botar un baile de noite coa parella, necesitamos ver eses fogos artificiais atronadores pero marabillosos, necesitamos.... Rir.

Animarvos e divertirvos, que empezaron as festas.

A fotografía é un dos agasallos que nos fai Javier torres do A.v.O. Como podedes ver é do ano 1960, e asegurámosvos que é dunha actuación do Circo Americano dos Feijoo en Ourense. O anuncio de abaixo, e dun programa das festas do ano 1930.

No hay comentarios: