Consejos y avisos

Os recomiendo visitar los dos blogs, ya que a partir de ahora los días que haya entrada en www.Ourensenotempo.com no la habrá en http://ovrense.blogspot.com y viceversa.

Mail ourensenotempo@hotmail.com

30/6/11

Aclaración; a Linea, ou o Carrito

A fotografía e unha das que conseguiu o amigo Javier Torres, e mostra o autobus da linea "2" O Vinteun - Cruce de Piñor, (anos 60, fotog. de Augusto Pacheco)
Díxeno en varias ocasións, e seguirei dicíndoo, para que vos animedes a facelo. Corrixídeme

O amigo Pastor Fabrega, sempre atento, e posuidor de moitísima información da nosa cidade, comentoume xa en polo menos dúas ocasións, un erro que teño en varias entradas, e eu considero unha licenza, digamos "sentimental". Desde logo, que ten razón, e o Carrito, ou carriño como tamén se lle chamaba, era soamente o vehículo que facia o servizo do centro da cidade, á próxima estación do tren de Canedo; o resto de autobuses aglutinábanse baixo o apelativo de: a Linea ou liña.
As causas da diferente denominación, penso que habería que buscalas no momento do nacemento da necesidade; a vida no Ourense de finais do século XIX, era "diferente", como é lóxico á de hoxe en día. Unha das diferenzas, eran os medios de transporte, que comezaban a súa gran revolución, o paso da tracción animal, á mecánica, xerou moitas modificacións nos hábitos cidadáns.
Non vou facer hoxe un estudo pormenorizado sobre o tema, só comentar a parte que interesa para esta entrada.
Os viaxeiros que chegaban á cidade nas carruaxes, valíanse dos "mozos" habitualmente, para que trasladasen as súas equipaxes aos hoteis, que afacían estar próximos á "posta"; a aparición en primeiro lugar da modesta estación do Ribeiriño, e posteriormente a de Canedo, (xa cun volume importante de usuarios), afastaron aos usuarios dos hoteis, e iso levou que o mozo, tivese complicado dar o seu servizo; xurdiu entón, o sistema do "carrito": un mozo cun carriño, en ocasións ao servizo dun hotel, encargábase de trasladar as equipaxes, mentres o viaxeiro, noutra carruaxe, ou a pé, desprazábase con máis comodidade. Posteriormente os hoteis, de máis prestixio, puxeron a disposición dos seus clientes, un automóbil, para facer esas funcións. Paralelos a estes cambios, foi o desenvolvemento do transporte de viaxeiros de curto percorrido, que deu lugar ao que se chamaba a Linea, (podería imaxinar as causas, pero prefiro esperar a ter datos de porque se chamou así).
Como di o amigo Pastor, os servizos estaban perfectamente diferenciados, e así Carrito era o que ía á estación, e Linea todos os demais.
Eu se mo permitides seguirei chamándolle "Carrito" aos urbanos, pra que non se perda na voraxine do progreso esa denominación. 

No hay comentarios: