Consejos y avisos

29/5/11

Tempo de refrescarse


Rematando esta semana primaveral, (con tempo de Agosto), e como teño poucas ganas de "pegala", eiqui vos deixo unhas recomendacions.
Tedes a opción de ir tomar un xeado, non botedes a chorar, xa sei que a Ibense deixounos orfos fai un tempo que semella...., e o Cortijo xa tiña pechado antes. Teremos que irnos facendo as novas especialidades, algunhas industriais, non estan tan mal, e pra o meu gusto, moitos dos sabores da nova que esta no Paseo, (penso que se chama Xuntos), merecen unha proba.
A outra opción, non sei como andara; como vedes, na Coruñesa tiñan ostras a diario, facendo a competencia os nosos veciños vigueses, pero non sei se hoxe vas pedilas e pensan que olvidaches algo, (refirome a que o amable persoal da cafeteria, pensaran que e unha exclamación, non unha petición).
Os anuncios, corresponden:  o diario El Noticiero, o da Coruñesa do 5 de Xaneiro do 1895, e o dos xeados, do Regional, do 2 de xullo do mesmo ano.
Pouco cambiaron as cousas, marisco no nadal, e xeados no verán, claro que as ostras son "atemporais".
Aproveito pra dar as grazas os amigos do Arquivo Municipal, pola sua profesionalidade, e o magnifico ambiente de traballo que teñen naquelas dependencias.
Os locales publicitados nas entradas do blog, se queren agasallar os integrantes do AvO pra corresponder a publicidade gratuita, que envien un mail, e con moito gusto iremos por alí tomar algo pola "gorra", Animadevos. 

No hay comentarios: